Convento de Santo Domingo de Bonaval

O convento de Santo Domingos de Bonaval está situado no Campo de San Domingos, no barrio de Bonaval de Santiago de Compostela.

A maioría dos edificios conservados foron construídos en estilo barroco a finais do século XVII e comezos do século XVIII, baixo a dirección dun arcebispo compostelán Frei Antonio Monroy, mecenas de Domingos de Andrade.

Denominación: Convento de Santo Domingo de Bonaval

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Séculos XII - XVII.

Etiquetas: Ben de Interese Cultural; Museo.

Localización: Costa de San Domingos, s/n.

Coordenadas: 42°52'57"N 8°32'20"W

Propiedade: Museo do Pobo Galego; Concello de Santiago.

Unha triple escada helicoidal e de unha gran audacia estrutural foi construída tamén por Domingos de Andrade para comunicar o claustro do convento e as escadas do edificio. Encontrándose polo tanto esta arquitectura en Santiago de Compostela extramuros na ladeira do monte de Almáciga, cerca do lugar coñecido como Porta do Camiño, unha das portas históricas da cidade de Santiago.

A súa fundación atribuída erroneamente a Santo Domingo de Guzmán a principios do século XIII forma parte realmente a creación por San Francisco de Asís. No documento máis antigo no que se cita o convento, cunha advocación a Santa María xa no ano 1228. Desde o Século XV aparece xa co título de Santo Domingo e baixo o patrocinio da casa de Altamira.

Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou ó municipio de Santiago. Pero tras o cumprimento do decreto de 1836 e cunha Deputación de A Coruña polo medio proponse o derribo de trinta edificios e destinou así o convento de Santo Domingo para cuarteis dos Reximentos de Compostela e Santiago coa demolición da Igrexa que non chegou a executarse.

Xa no ano 1841, por mediación do arcebispo Vélez, o municipio destinou o convento a un hospicio, e cara o 1945 o hospicio todavía ocupaba a parte norte e sur, a dereita da Igrexa encontrábase o colexio para cegos e xordomudos. Ó quitarse estas institucións quedou por un tempo desocupado ata que o propio municipio decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para o Museo Principal que se inaugura no 1963. É así como, xa no ano 1977, convertiríase no actual Museo do Pobo Galego.


Bibliografía:

GARCÍA IGLESIAS, J. M. (1990) :"Galicia, Tiempos de Barroco". Páx. 84 a 86. La Coruña. ISBN 84-87751-50-4

Fernández Cabo, M. C., González Uriel, A., De Miguel, M. (2017). La triple escalera de caracol en el Convento de Santo Domingo de Bonaval (Santiago, España): hipótesis de diseño y construcción. Informes de la Construcción, 69(546): e202, doi: http://dx.doi.org/10.3989/ic.16.119

Imaxes:

  1. José Luis Filpo Cabana, Convento de Santo Domingo de Bonaval, CC BY-SA 4.0.