Colexio de Fonseca

O Colexio de Santiago Alfeo, coñecido popularmente como Pazo ou Colexio de Fonseca, é un edificio compostelán que funcionou como Colexio Maior e, actualmente, como a Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Denominación: Colexio de Santiago Alfeo; Colexio Novo.

Tipoloxía: Arquitectura pacega.

Cronoloxía: Século XVI.

Etiquetas: Monumento; Universidade; Biblioteca.

Localización: Rúa do Franco, s/n.

Coordenadas: 42°52'46"N 8°32'43"W

Propiedade: Universidade de Santiago de Compostela.

Historia:

Este edificio localízase en pleno casco histórico da cidade, concretamente na rúa do Franco. Tamén chamado Colexio de Santiago Alfeo, foi mandado construir polo arcebispo Alonso de Fonseca no lugar onde se encontraba a casa onde nacera, coa finalidade de dotar ó Reino de Galicia dun centro de estudos superiores, establecendo as ensinanzas de Artes, Teoloxía e Dereito.

No ano 1544 comeza a funcionar como a sede da Universidade Compostelana, considerándose a orixe da mesma.


Arquitectura:

Os primeiros planos deste edificio os realizará Juan de Álava e serán continuados por Rodrigo Gil de Hontañón.

Realizada en sillería de granito, a fachada é de estilo plateresco. Consta de dous corpos con esculturas góticas que representan a Santiago Alfeo e á Virxe María, e, no centro, destaca o escudo de cinco estrelas dos Fonseca rodeado de imaxes que representan ós Doutores da Igrexa.

Ó traspasar a porta, á dereita, atópase a capilla gótica, e, á esquerda, o salón artesonado, que hoxe en día funcionan como sala de exposicións.

Neste edificio tamén se atopa a chamada Biblioteca América, que garda un gran número de documentos de temática latinoamericana, sendo única no mundo. Cabe destacar que é aquí onde se atopa o libro máis antigo de Compostela, o chamado libro de Horas de Fernando I de León (1055).

O claustro é unha das zonas máis importantes debido ó seu alto valor artístico. Funciona como centro articulador de todo o edificio e consta dun patio cadrado de dúas alturas cunha arquería de vintecatro vanos que descansan nas pilastras de cada un dos dous corpos.

O primeiro corpo destaca polo seu carácter aberto e o segundo consiste nunha galería de arcos con balaustrada.

En relación á decoración poden observarse escudos, inscripcións, medallóns que aluden a personaxes históricos e mitolóxicos, e un gran número de gárgolas.

Na actualidade este edificio pertence á Universidade de Compostela e alberga a Biblioteca Xeral.

Bibliografía: