Cemiterio de Boisaca

O cemiterio municipal de Boisaca, emprazado a carón do polígono industrial de Tambre, é o principal camposanto da cidade de Santiago.

Construido a comezos do século XX, nel están soterradas algunhas figuras relevantes no panorama cultural galego, como Aurelio Aguirre, Valle-Inclán, Pérez Costanti ou mesmo as dúas Marías.

Denominación: Cemiterio municipal de Boisaca

Tipoloxía: Cemiterio.

Cronoloxía: Século XX.

Etiquetas: Camposanto; Necrópole.

Localización: Rúa das Mulas, Polígono industrial de Tambre, N-550.

Coordenadas: 42°54'31"N 8°31'04"W

Propiedade: Municipal.

Ao longo do século XIX comeza a modernización de Santiago do mesmo xeito que se modernizan o resto de capitais de Europa. Son medidas enfocadas na mellora da saúde pública, cun obxectivo claro, a mellora da calidade de vida dos habitantes da cidade. Estas medidas intensifícanse provocadas pola epidemia de cólera de 1834.

Unha das necesidades durante o século XIX era a de ter unha necrópole para o termo municipal, feito que se aborda no ano 1838. O concello de Santiago outorga este proxecto ó arquitecto Prado y Vallo. A praza elixida será xunto o Convento de Santo Domingo, na Rúa do Rosario. A elección baséase nas boas comunicación e unha posición de altura cunha correcta ventilación e corrente de auga. Unhas características que coinciden coas que se buscará posteriormente a hora de construír Boisaca. Amais, prodúcese o peche de todos os cemiterios que non cumprisen con estas características.

No ano 1893 apareceu o problema de non ter espazo para poder enterrar a xente, e por iso o concello de Santiago manda construír o cemiterio en Boisaca. En 1919 Santiago atópase co problema da falta de espazo polo crecemento da cidade. Durante a Gran Guerra España viviu un momento de crecemento económico que expandiu a demografía. Polo que o director deste proxecto, Fernández Ragel, buscou en primeiro lugar un emprazamento que puidese conter o cemiterio municipal. O lugar elixido estivo situado a tres quilómetros da cidade, polo que constrúese na periferia. Inda así o territorio non estaba en perfectas condicións, polo que comézanse as labores de acondicionamento. Durante a primeira fase da ditadura de Primo de Rivera a construción foi paralizada, e culminará durante a terceira década da anterior centuria, sendo quen culmine o proxecto José María Banet.

A superficie que abarca o cemiterio e de 80.396 metros cadrados. No primeiro proxecto que a forma do cemiterio sexa rectangular cunha arcada semicircular a modo de capela central cercada, a cal se pode acceder a través dos extremos que presentan a forma de vestíbulos. Inda así existirían máis entradas polos laterais. Na parte traseira proxéctase a idea dun cemiterio civil, un osario e un cerramento contiguo para enterrar os nenos que morreran sen bautizar.

Un dos problemas que se debe facer fronte dende o goberno é a humidade , o cal resólvese plantando árbores que absorban esta humidade, dando tamén permiso a familiares a plantar os seus propios arbustos.

Un dos primeiros problemas ven da man las reformas que se teñen que levar a cabo en 1919 cando se pide que se modifique a arcada e a capela. Isto proven do alto intrusismo político por parte dos párrocos que, coa aprobación do arcebispo, emiten un comunicado no que esixen que o cemiterio siga as normas establecidas por Roma, o que implica a construción dun muro de pedra que rodee todo a contorna do cemiterio, a construción dunha casa-habitación para un capelán que viviría alí e a construción dunha cruz de pedra en proporción o tamaño do cemiterio.

Finalmente o 27 de agosto de 1919 apróbase a construción da necrópole, autorizando a alcaldía a tramitar o expediente. Posterior a súa construción o cemiterio sufriu varias ampliacións de nichos, a vez que se ocupaban.

Durante a guerra civil o bando franquista asasinaron a máis de cen persoas enxuizadas: os líderes do Comité da Fronte Popular ou lideres obreiros da rexión. Este cemiterio non so foi o final para a xente de Santiago, pois aquí enterrouse a xente de Noia, Zas, Ordes, Boiro ou Negreira. Na ditadura leváronse a cabo varias reformas e ampliacións entre as que destacan a apertura da avenida do cemiterio de Boisaca ou a construción de douscentos nichos novos.

Nos últimos anos levouse a cabo un acondicionamento dos accesos e do interior do cemiterio, replantando algunhas árbores, reforzando o transporte urbano que daba acceso o cemiterio e facilitar os accesos a pé.

Aquí están enterrados personalidades relacionadas coa política, coa literatura, coa medicina ou coa intelectualidade: Ramón María del Valle-Inclán, Roberto Novoa Santos, las dos Marías, Roberto Vidal Bolaño, Isaac Díaz Pardo entre outros.


Bibliografía:

Imaxes:

  1. JonnyJonny, Dominio Público, via Wikimedia Commons.