Fachada neoclásica de Azabachería

Tamén chamada Praza da Inmaculada, está situada entre a Fachada Norte da Catedral (onde se atopa a Porta do Paraíso, lugar onde desemboca o Camiño de Santiago) e o convento de San Martiño Pinario. Recibe este nome porque antigamente os azabacheiros composteláns exercían a profesión neste lugar.


Denominación: Pórtico da Acibechería; Porta do Paraíso.

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Século XVIII.

Etiquetas: Catedral.

Localización: Catedral de Santiago.

Coordenadas: 42°52'50"N 8°32'38"W.

Propiedade: Privada.

Mandada remodelar polo cabildo compostelán en 1757, esta fachada, de estilo neoclásico foi encargada a facer a Ferro Caaveiro. Os problemas entre Caaveiro e o cabildo fan que sexa despedido e as obras serán paradas. Os planos son mandados a Madrid para que o acorden ao novo estilo. O deseño de Ferro Caaveiro farase na Igrexa de San Fructuoso, fusionado coa catedral.

A obra combina elementos neoclásicos e barrocos como por exemplo a balaustrada, cun efecto decorativo e teatral. Atopámonos polo tanto cun edificio de forma neoclásica que trae recordos paladianos.

Continuando coa fachada, o deseño comézao Ventura Rodríguez, mestre de Domingo Antonio Lois Monteagudo, quen seguía os seus proxectos. Como elemento decorativo estará o trofeo ou armas militares que culminan o movemento. No corpo superior, a decoración é mínima, tan so en lugares determinados, coma o frontón semiclásico con cráteras.

Na parte superior coroando a obra aparece a estatua do Apóstolo peregrino. Aparecen medallóns, desaparecen os escudos.

A Azabachería era a antiga entrada da cidade, a fachada norte onde se atopaba o auga para purificar o templo. Presenta unha decoración moi exigua da parte neoclásica. Aparece a figura da Fe co cáliz na man dereita e os ollos vendados. Os dos medallóns presentaron debate: pensábase que eran os reis, Cristo ou María,… os cales estes últimos resultan mais creíbles.


Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos