A Berenguela

A torre da Trinidade ou torre do reloxo sitúase na Praza de Praterías, na parte sudeste da Catedral de Santiago.

Tamén se coñece popularmente como Berenguela por terse rematado durante o mandato de Berenguel de Ladoira, Arzobispo de Santiago (1317-1330). Alcanza unha altura de 72 metros.


Denominación: Torre da Trinidade; Torre do Reloxo; A Berenguela.

Tipoloxía: Edificación auxiliar.

Cronoloxía: Séculos XIV - XVIII.

Etiqueta: Catedral; Monumento.

Localización: Catedral de Santiago.

Coordenadas: 42°52'50"N 8°32'38"W.

Propiedade: Privada.

A finais do século XIII, cerca da cidade atopábase en pésimas condicións. En 1468 iniciouse da construción dun macizo para asegurar o contraforte na esquina da estrutura da catedral, pero debido á complicada situación económica paralizouse ata 1473. En xullo de 1483, o rei francés Luís XI, devoto de Santiago, quería peregrinar á cidade pero por imposibilidad física non puido, así que decidiu doar as primeiras grandes campás e cartos para colocalas na torre. Ademais do incremento das rendas capitulares e achegas dos Reis Católicos para a construción da torre.

As construcións da torre duraron ata finais do século XV. Naquela época, a torre coñecíase baixo o nome de Torre das Campás do rei de Francia, e non foi ata final do século XVII, cando se comezou a coñecer como a Torre do Reloxo.

O informe de José de Veiga e Verdugo entre os anos 1655 e 1657 expuxo que as campás doadas polo rei Luís XI tiñan fracturas e preparouse a construción dun novo remate para a torre que albergará outra gran campá. Estas campás non eran visibles desde o exterior, só unha pequena do reloxo (1527-1533) enmarcada polo chapitel.

A parte medieval da torre é de planta cuadrangular e parte da súa estrutura aséntase sobre arcos románicos e o resto da estrutura actúa como contrafuerte dos muros da catedral.

O segundo corpo estaba formado por unha gran estancia abovedada onde se atopaban as campás do rei Luís XI. E finaliza cunha zona almenada cunha función máis decorativa.

Domingo de Andrade foi mestre de obras na Catedral entre os anos 1676 e 1712. Durante o seu cargo na Catedral, levou a cabo a intervención e construción dalgúns dos elementos máis característicos como a Torre do Reloxo, o Pórtico Real, a Capela do Alicerce ou o tabernáculo da Capela Maior.

Andrade respecta en boa medida a torre medieval e a emprega como sustento aos corpos superiores. A torre medieval estaban decorada con bandas verticais e escudos heráldicos, durante o barroco aplicouse este estilo: as bandas rematábanse como pilastras e engádense motivos vexetais, simboloxía xacobea ou mascaróns.

Engade corpos de menor dimensión conforme ascende. O primeiro corpo ten unha estrutura cuadrangular, o segundo corpo é octogonal e remata cunha cúpula e unha lanterna de aire gótico. Baixo os arcos atópase o reloxo que dá nome á torre.

A construción da Berenguela marcou unha nova etapa dentro do barroco galego e utilizouse como modelo noutros templos tanto en Galicia como en España.


Decoración

A Berenguela está decorada con diversos elementos arquitectónicos: volutas, balaustradas, templetes de planta circular en cada ángulo da torre con relevos decorativos e coroados cunha cúpula semicircular nervada rematada por un pináculo.

O último corpo alberga a campá de maior tamaño, tamén decorada e onde se aprecia nun dos querubines a inscripción 1680, data de finalización das obras da Berenguela. En 1738 alzouse unha gran campá de 3 metros de diámetro que estivo activa ata os anos 70. Debido as gretas foi substituída ao finalizar o século XX pola campá que continua a día de hoxe.

En canto ao reloxo, foi substituído varias veces ao longo dos séculos. A primeira referencia data do ano 1524 e trata dunha consulta sobre a ubicación por parte do Cabildo a Juan de Álava e que se instalou en 1527 por obra do Mestre Guillén. En 1688 cambiouse a campá e o reloxo, que foi encargado ao flamenco Juan van Gorpe. En 1698 foi substituído por un reloxo realizado por Frei Gregorio Bravo que permaneceu na Berenguela ata 1803, data na que se encargou un novo a Londres. O reloxo que loce na actualidade foi un agasallo do Arzobispo Frei Rafal de Vélez (1825-1850) á Catedral; realizado polo ferrolano Andrés Antelo en 1831.

A linterna está coroada por un pináculo que sustenta unha bóla de bronce e sobre esta, unha cruz. O proxecto incluía un anxo situado entre a bóla e a cruz pero sufriu danos por mor dun raio no 1731.

A parte de elementos arquitectónicos decorativos, na Berenguela resalta a decoración escultórica tanto na estrutura medieval como na barroca. Andrade deu un papel fundamental á iconografía da figura do apóstolo Santiago. Na parte superior da torre abundan os elementos decorativos relacionados co culto xacobeo (a estrela, as arcas de Santiago, Cruz de Santiago, representacións apostólicas); a decoración vexetal (coroas, motivos frutais, vexetais típicos do barroco compostelano) e trofeos e emblemas militares. O pintor e escultor catalán Luís Vermell i Busquets gravou na pedra da torre (1865) a inscripción “o peregrino español” facendo referencia a el mesmo.


Restauración

En 2009 aprobouse o Plan Director da Catedral onde se inclúen as condicións, os custos e as actuacións de rehabilitación necesarias. A Torre do Reloxo presentaba danos importantes como as humidades do muro, deterioro da pedra, erosión das aristas, a suciedade, a roturas en sillares e pezas escultóricas ou desprendimentos, polo que se clasificou como intervención prioritaria.

En 2011 desprendéronse algúns fragmentos da linterna da torre polo dano das grapas orixinais. Polo que se comezou unha intervención urxente que contou co respaldo do Cabildo da Catedral, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. O Ministerio de Cultura financiou a intervención que finalizou en 2012. Con todo, a actuación centrouse no exterior. Primouse a intervención na limpeza, o saneamiento, o encintado, as consolidaciones, as restauracións puntuales e a intervención na linterna.

Suscitouse unha segunda fase de actuación onde trataría os accesos, as terrazas do primeiro nivel, a limpeza da fachada oeste, a estancia principal sobre a praza e a maquinaria do reloxo. O arquitecto encargado do proxecto é Francisco Alonso da Pena. O prazo de ejecución foi de 4 meses.

Nas terrazas e nas cornisas do primeiro corpo, ao lado sur e oeste, o enlousado estaba danado porque se filtraba a auga de choiva e apozábase. Este estancamento provocou filtracións no interior. Levantouse o enlousado afundido da terraza e posteriormente nivelouse e cambiáronse algunhas lousas fragmentadas. Ademais, realizouse un tratamento biocida e hidrofugante para protexer a pedra e evitar a aparición de musgos. No fuste oeste eliminouse a cotra negra e os sales carbonatas producidas pola contaminación atmosférica e biolóxica.

Por outra banda analizáronse as policromías do disco do reloxo e levar a cabo un tratamento para protexer os eixes, cepillando a pintura desprendida e o óxido superficial e aplicouse pintura antioxidante. Cubríronse os eixes dos reloxos. E para rematar, restauráronse as carpinterías de madeiras en portas e fiestras; no tramo alto colocáronse elementos metálicos e pecháronse os ocos das escaleiras para evitar a entrada de aves.

Bibliografía: