Casa da Conga

A Casa da Conga é un edificio barroco do século XVIII situado na Praza da Quitana, na parte chamada "Quintana de Mortos".

Tamén é coñecida como "Casa dos Canónigos" debido a que nun principio foi construída para dar vivenda ós cóengos da Catedral.

Foi proxectada en 1709 por Domingo de Andrade, pero finalmente foi rematada en 1730 por Fernando de Casas Novoa (autor da fachada do Obradoiro).

Denominación: Casa da Conga; Casa dos Canónigos.

Tipoloxía: Arquitectura señorial.

Cronoloxía: Século XVIII.

Etiquetas: Residencial; Hostelaría.

Localización: Praza da Quintana, s/n.

Coordenadas: 42°52'48.6"N 8°32'37.3"W.

Propiedade: Privada.

A edificación, de estilo sobrio e clasicista, é de planta rectangular, sillería de granito e cuberta a catro augas. Sobre un basamento escalonado elévanse as catro vivendas que conforman o conxunto, unidas no frente pero separadas entre si por pilastras. Tamén ten, na planta baixa, un pórtico formado por catro grupos de tres arcos de medio punto sostidos por columnas dóricas, mentres que no primeiro piso de cada casa hai un balcón con varanda de ferro e unha ventá a cada lado. Na pilastra central encóntrase o escudo do cabido, e no tellado, aliñada co mesmo, unha enorme cheminea.

Na actualidade, a casa da dereita encóntrase ocupada polo Colexio de Arquitectos de Galicia, mentres que o resto son establecementos comerciais, bares e restaurantes.

Fontes: