Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é un pequeno bosque de carballos situado no barrio de San Lourenzo, a carón do pazo de San Lourenzo, preto do río Sarela. 

Denominación: carballeira de San Lourenzo

Tipoloxía: patrimonio natural

Cronoloxía: 

Etiquetas / Uso: parque patrimonial

Localización: Costa do Cano

Coordenadas: 42.87850019702376, -8.556266804207594

Propiedade: Pública

Actualmente ocupa unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados, despois de que en 1872 se arrincasen 84 carballos debido á apertura da estrada de San Lourenzo á de Noia, e máis tarde se construíse un aparcadoiro no Campus Sur. Está catalogado como formación arbórea senlleira desde o 2007, dado o seu valor histórico e a existencia dalgúns carballos centenarios e de gran porte. 

Anexo ao Campus Sur, co que limita pola antiga estrada de Noia, representa o que en tempos afastados foi unha extensa carballeira, na que a principios do século XII se construíu o convento de San Lourenzo de Trasouto, posteriormente transformado no Pazo de San Lourenzo. En 1546 o conde de Altamira doou o terreo á cidade de Santiago. Porén, os frades do convento de San Lourenzo explotaban a carballeira ilegalmente, ata a Desamortización de Mendizábal. Á sombra dos carballos celebrábanse festas e os domingos a mocidade organizaba as foliadas. A este lugar cantou Rosalía de Castro en Follas novas. A mediados do século XX celebrouse alí a feira, mentres se facían obras de mellora na carballeira de Santa Susana, acondicionándose o campo e plantándose algúns carballos.

Ademais de carballos, hai dous cruceiros de interese e unha fonte. Por medio da carballeira discorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra.

Bibliografía: