Capela da Pastoriza

A Capela da Nosa Señora de Pastoriza é unha pequena capela compostelá erixida entre os anos 1761 e 1762. Emprázase entre a Rúa dos Basquiños e a Travesa da Pastoriza.

Denominación: Capela da Nosa Señora da Pastoriza

Tipoloxía: Edificios relixiosos.

Cronoloxía: Século XVIII.

Etiquetas: Igrexa; Ben Patrimonial da Xunta de Galicia.

Localización: Travesa da Pastoriza, s/n.

Coordenadas: 42º53'15.9"N 8º32'15.9"W

Propiedade: Igrexa católica.

Foi erixida sobre unha antiga ermida na segunda metade do século XVIII e remodelada na primeira metade do XIX. A fachada neoclásica, obra de López Freire, érguese sobre un podio de escaleiras. A portada está flanqueada por pilastras monumentais, abríndose sobre ela unha ventá rectangular. Entre a ventá e o frontón sitúase un friso con triglifos e metopas. O frontón está presidido por unha espadaña e por dous pináculos. O interior, dunha soa nave, é de planta de cruz latina, cos brazos do cruceiro moi curtos.


Bibliografía: