Avenida Xoán XXIII

A avenida de Xoán XXIII é unha vía pública e contemporánea de Santiago de Compostela. Nela emprázase parte do Convento de San Francisco, a Biblioteca Pública Ánxel Casal, a Facultade de Maxisterio da USC ou o CEIP López Ferreiro.

Denominación: Avenida de Xoán XXIII

Tipoloxía: Enxeñería civil

Cronoloxía: Século XX

Etiquetas: Vía Pública; Estrada.

Localización: Avenida de Xoán XXIII.

Coordenadas: 42°53'02.4"N 8°32'40.5"W.

Propiedade: Pública.

Esta vía foi aberta a finais dos anos 50 do século XX para mellorar o acceso dos numerosos visitantes á catedral. A reordenación deste espazo, levada a cabo polos arquitectos Albert Viaplana e Helio Piñón e finalizada en 1994, resolveu as esixencias de acceso do tráfico e de aparcamento, tanto de coches como de autobuses. Ademais, conectou o Campus Norte co casco histórico. É digno de mención o establecemento dun interesante diálogo entre o novo e o vello, con San Francisco e San Martiño Pinario como límites da avenida, algo controvertido no momento.

O elemento que protagoniza o conxunto é unha longa marquesina de soportes cónicos de aceiro cuberta de cristal, disminuíndo en altura cara ao casco histórico, potenciando así o efecto de penetración nel. No vértice da avenida, onde estaba a antiga Porta de San Francisco, sitúase a Costa Vella, que conecta na súa cima coa antiga Porta da Pena. No outro vértice, sitúase a coñecida como Praza da Paz, nas proximidades da Xunta de Galicia.

Imaxes:

  1. Luixilois, Dominio Público, via Wikimedia Commons.