Antiga estación de Cornes

Cornes foi a estación de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual terminal en 1943.

Denominación: Estación de Cornes

Tipoloxía: infraestruturas/enxeñaría civil (antigamente); edificios para equipamentos e servizos (actualmente)

Cronoloxía: 1873

Etiquetas / Uso: Xacemento arqueolóxico - Patrimonio da Humanidade - Ben de Interese Cultural...

Localización: Rúa Manuel Beiras, 3

Coordenadas: 42° 52′ 11.4″ N, 8° 33′ 8.3″ W

Propiedade: Pública

Coa súa apertura en 1873, converteuse nunha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril. Foi construída no desaparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio, o que conseguiu en 1925.

Desde que se comezou a formular a construción da liña, trece anos antes da súa posta en funcionamento, a idea era que a ubicación da estación en Cornes fose provisional, xa que quedaba moi lonxe do centro urbano. Deste xeito, a estación foi construída inicialmente como un pequeno edificio de madeira dunha soa planta que tan só buscaba servir de refuxio aos pasaxeiros que esperaban a chegada do ferrocarril. Non obstante, mantívose durante case 50 anos, a pesar das críticas á súa incomodidade. Foi en 1920 cando se construíu o edificio definitivo, feito de cachotaría, ladrillo e formigón. 

Coa apertura do tramo Santiago-A Coruña da liña A Coruña-Ourense, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense coa Santiago-Redondela, ficando Cornes relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas ata o seu progresivo abandono.

En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación reabría como Casa das Asociacións, acollendo actividades veciñais e dependencias municipais. 

Bibliografía: