Acueduto Ponte Mantible

O Acueduto de Ponte Mantible, unha canle construída por Diego Xelmírez e o seu tesoureiro o Mestre Bernardo, atópase no barrio Vite, en Santiago de Compostela. 

Denominación: Acueduto Ponte Mantible 

Tipoloxía: Acueduto

Cronoloxía: Século XIX 

Etiquetas / Uso: Compostela verde; Monumento histórico

Localización: Rúa de Blanco Amor, 17, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña 

Coordenadas: 42.89137845996417, -8.535642627042419 

Propiedade:

Esta estrutura medieval, que atravesa o parque do barrio, foi deseñada para abastecer de auga á cidade en resposta ao aumento de peregrinos, que excedía o sistema de transporte de auga existente. Dise que os Monxes de San Martín Pinario non podían lavarse as mans debido á escaseza de subministración. Para resolver este problema, Xelmírez emprendeu o proxecto de reconstruír un antigo acueduto que databa da época do bispo Sisnando I, o cal foi cedido ao Mosteiro de San Martín Pinario en 912.  A canalización realizouse no alto do Monte de Vite, nos mananciais de Chan de Curros e Fonte Branca, e fluía a través de Ponte Mantible  cara a rúa Espirito Santo.

Aínda que as datas exactas de construción non son coñecidas, sábese que se finalizou o 11 de abril de 1122, como indica a Fonte do Paraíso, o lugar de destino do novo sistema de subministración. Este proxecto incluía canalizacións e unha arquitectura de distribución que dirixía parte do caudal a unha fonte para a hixiene dos peregrinos. 

A canalización que levaba auga a distintas fontes públicas e privadas, dividíase en dous ramais principais. O primeiro chegaba ao convento Santa Clara, pasando a rúa Loureiros, a Porta da Pena, e as rúas onde se atopa a Iglesia San Miguel dos Agros, tamén coñecida como San Miguel de Cisterna durante a Idade Media. Tamén alcanzaba a rúa de Moeda Vella. Este ramal abastecía ao Mosteiro de San Martín Pinario, o Pazo Arcebispal e o Hospital Real, tras a súa construción no século XV. A segunda bifurcación dirixíase cara á Atalaia, entrando pola cidade pola porta San Roque e logo pola rúa da Algalia de arriba ata a praza de Cervantes. Desde alí, dividíase novamente, cun ramal que descendía pola Azabachería para conectar co ramal anterior, e outro que seguía polas rúas do Preguntoiro, Castro, Mazarelos ata o convento das Mercedarias.

Este sistema, composto de tubos de madeira reforzados con abrazaderas de ferro e plantas de chumbo, era propiedade do Cabildo e do Arcebispo de Santiago de Compostela. Regulábase coidadosamente e distribuíase entre os mosteiros a cambio da súa colaboración e mantemento. Aínda que o sistema medieval ha desaparecido hai algúns anos, aínda se conservan vestixios tanto en superficie como baixo terra. 

No século XV, de acordo con a ordenanza municipal, a conservación do sistema de augas desde a súa orixe en Vite ata a Porta da Pena era competencia do Concello. As súas frecuentes roturas levaron á implementación dun novo sistema, que incluía novos ramais para aumentar a distribución, así como a introdución de condutos de ferro para mellorar a calidade e cantidade do abastecemento de auga a finais do século XIX, manténdose o seu uso ata este século. O trazado continuou respectándose ata o século XX.

Finalmente, en 1920, creouse a sociedade de Auga Potables de Santiago de Compostela tras un concurso convocado polo Concello, co obxectivo de mellorar e ampliar a rede de rede de sumidoiros e saneamento da poboación. 

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos