Portabríns é un xacemento arqueolóxico da Idade do Bronce localizado no extremo occidental do concello de Santiago, na parroquia de Santa María da Peregrina de Santiago, máis concretamente no monte Pedroso. Non existía ningunha información de restos arqueolóxicos nesta zona ata as actuación da Rede de Gasificación de Galicia
Denominación: Xacemento de Portabríns
Tipoloxía: Xacemento da Idade do Bronce
Cronoloxía: Idade de Bronce
Localización: Monte Pedroso, 15898 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º55'00"N 8º34'00"O
Propiedade: Pública
Os materiais arqueolóxicos documentados constan de cento noventa e un fragmentos de cerámica e dezaoito líticos, un total de douscentos nove restos. No referente a cerámica atopáronse seis bordes, dous pescozos, unha panza con cordón, catro fondos ou bases e cento sesenta e cinco panzas. De todas estas pezas, tres fragmentos presentan decoración, todos eles campaniforme. Todo este material cerámico adscríbese a época da Prehistoria recente, mais concretamente a Idade do Bronce. É considerado un xacemento de gran importancia posto que dende a súa localización podería controlar o paso entre os dous vales o de Santiago e A Peregrina.
O xacemento ten un área maior da afectada polas obras para a fosa do gas, a cal resulta idónea para un poboado da Idade do Bronce: pequena cubeta con chan lixeiro e ben drenados cara a base na que se localiza un pequeno río nas estación mais húmidas.
Bibliografía
Parcero Oubiña, C. e Cobas Fernández, I. (2005). La arqueología en la gasificaicón de Galicia 17: actuaciones en asentamientos prehistóricos en el entorno de Santiago de Compostela. TAPA: Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio, (34), 21-26
Imaxes: