O petróglifo de O Pedroso é unha manifestación de arte rupestre situada en Galicia, caracterizada por gravados prehistóricos realizados sobre superficies rochosas ao aire libre. Datado na Idade do Bronce, este conxunto destaca pola súa riqueza iconográfica, con motivos circulares, coviñas e figuras de difícil interpretación, posiblemente vinculadas a rituais ou á simboloxía da comunidade que os creou. A súa localización nunha área elevada podería indicar un significado territorial ou relixioso. Como outros petróglifos galegos, forma parte dun importante patrimonio arqueolóxico que continúa sendo obxecto de estudo e protección.
Denominación: Petróglifo de O Pedroso
Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Localización: 15898 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°53′50″N 8°33′56″O
Propiedade: Pública
Situado nun aforamento aforamento granítico de gran tamaño, os gravados sitúanse a media altura aproveitando unha pequena plataforma horizontal. O conxunto, datado na Idade do Bronce, está composto por tres motivos xeométricos, nove cazoletas e unha figura indeterminada semicircular, cuxa sección do surco é en forma de U. Está conformado por tres grupos de gravados.
O primeiro motivo está composto por unha combinación circular de polo menos trinta centímetros de diámetro composta por dous círculos concéntricos e unha cazoleta central da que parte un radio en dirección sueste que sobresae tres centímetros do circulo exterior.
Un segundo motivo situado ó nordés do anterior, o cal consiste nunha combinación circular de corenta centímetros, conformada por catro círculos concéntricos e unha cazoleta interior da que parte un radio que sobresae cinco centímetros do circulo exterior. En relación cos tres círculos exteriores aparecen ata catro cazoletas.
2. Petróglifo de O Pedroso
Por último, o terceiro motivo, situado a dez centímetros ó sur do anterior confórmase por unha combinación circular de vinte e sete centímetros integrada por tres círculos concéntricos e unha cazoleta central da que parten dous radios. Un deles en dirección suroeste que sobresae oito centímetros do círculo exterior e remata noutro círculo de doce centímetros con cazoleta central. Amais un segundo radio que parte en dirección leste e que tamén remata nun novo círculo de 15 centímetros con cazoleta central.
Bibliografía
Acuña Castroviejo, F. (1969). Los petroglifos del monte Pedroso. CSIC, Escuela Española de Historia y Arqueología
Regueifeiro. (26 de maio de 2011). Petróglifo do monte Pedroso. Patrimonio Galego. Recuperado o 4 de febreiro de 2019 de http://patrimoniogalego.net/index.php/982/2011/05/petroglifo-do-monte-pedroso/