Está situado na actual parroquia de Figueiras, sobre un afloramento granítico do lado oeste do monte Pedroso, disposto prácticamente a ras de chan, cunhas dimensións aproximadas de 3x7 metros. Data da Idade do Bronce.
As figuras gravadas na roca son na súa maior parte círculos concéntricos de diferente tamaño, tendo case todos eles a clásica cazoleta no medio.
A composición máis interesante do conxunto mostra catro grupos de círculos concéntricos de diferentes tamaños unidos por unha liña que atravesa os seus centros. O grupo de maiores dimensións consta de 8 aneis, cazoleta central e 2 radios que unen o centro co exterior da figura atravesando os aneis.
Outras 7 combinacións circulares sen aparente conexión física repártense polo resto da rocha e van dende a máis sinxela dun só círculo ata unha que conta con 5 aneis.
Denominación: Petróglifo de Correxíns
Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Localización: E-1, 15898, A Coruña
Coordenadas: 42°53'31"N 8°34'28"O
Propiedade: Pública
2. Petróglifo de Correxíns
Bibliografía
Compostela Rupestre. (s.d.). Petróglifo de Correxíns. Recuperado o 4 de febreiro de 2020 de https://compostelarupestre.gal/_petroglifo-correxins
Regueifeiro. (26 de maio de 2011). Petróglifo de Correxíns. Patimonio Galego. Recuperado o 4 de febreiro de 2020 de https://patrimoniogalego.net/index.php/1049/2011/05/petroglifo-de-correxins/