O pazo dos Condes de Ximonde, un edificio barroco do casco histórico de Santiago, foi a residencia urbana da familia nobiliar dos Ximonde en Santiago de Compostela durante os séculos XVIII e XIX.
Denominación: Pazo dos Condes de Ximonde
Tipoloxía: Arquitectura civil; Pazo
Cronoloxía: Século XVIII
Localización: Rúa do Preguntoiro, 23, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′49″N 8°32′32″O
Propiedade: Privada
Atopariámolo no número 23 da Rúa do Preguntoiro, pero tamén sería coñecido como o Pazo de Ramirás polo título do cónxuxe da Condesa de Ximonde. Dª Xacoba Cisneiros de Puga. Tanto a Condesa coma o seu marido José María Bermúdez Acevedo, Señor de Ramiráns e Vilardefrancos, así como Rexedor Perpetuo de Ferrol, foron fervorosos partidarios do carlismo galego. Tanto é así que no ano 1836 tratou de organizar as milicias galegas para proclamar a Carlos Isidro de Borbón, Rei de España. O marido da condesa converteuse en Presidente da Xunta Superior que no ano 1836 constituíron os Carlistas na Coruña. Na súa fachada conservase o escudo nobiliario dos antigos propietarios
Neste Palacio residiron os dous primeiros condes, Xoan Antonio e Pedro Cisneros, ademais da Condesa Xacoba. Despois da morte da condesa en 1860, foi a residencia de Perfecto Conde Fernández, tamén coñecido en Santiago como o catedrático de Histoloxía, Histoloxía e Anatomía Patolóxica da Facultade de Medicina do ano 1892 ata o 1903, tamén parexa de Elisa Puga Blanco, filla do primo e herdeiro universal da Condesa.
A mesma edificación orixinal é do século XVIII e de ela consérvanse os arcos centrais da planta baixa da fachada que da á rúa do Preguntoiro e o famoso e fermoso escudo dos cuarteis dos Condes de Xiamonde situado no centro da planta segunda. Os balcóns e as plantas tanto primeira como segunda reformáronse a finais do século XIX. Hoxe é a sede do Auditorio dunha entidade de crédito.
Bibliografía:
Picallo Fuentes, H. (2004), Maíndo (A Estrada-Pontevedra): espazo xeográfico, humano e histórico no dominio do Condado de Ximonde. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, (7), 193-196
Ligazóns a datos e catálogos