O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, en Santiago de Compostela, que actualmente alberga a sede do Parlamento de Galicia.
Denominación: Pazo do Hórreo
Tipoloxía: Arquitectura civil; Pazo
Cronoloxía: 1903-1015; 1989
Localización: Rúa do Hórreo, 63, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º52'22"N 8º32'40"O
Propiedade: Pública
Historia:
O proxecto do edificio foi obra do arquitecto Antonio Bermejo Arteaga, coa financiación do político Eugenio Montero Ríos. A súa construción iniciouse o 25 de marzo de 1903, inspirándose na École Nationale Vétérinaire d'Alfort de Francia. O obxectivo inicial era acoller a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela, inaugurada oficialmente o 2 de outubro de 1915.
Non obstante, a Escola pechou durante o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera, sendo posteriormente transformada nun cuartel militar. O edificio mantívose baixo administración do Ministerio de Defensa ata o ano 1986, cando foi adquirido pola Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia para convertelo na súa sede oficial.
Un concurso de arquitectura en 1987, gañado polo arquitecto Manuel Andrés Reboredo Santos, permitiu a remodelación do inmoble. Finalmente, o 1 de marzo de 1989, o Pazo do Hórreo abriu como sede do Parlamento galego, sendo inaugurado oficialmente o 10 de outubro do mesmo ano.
A súa función actual:
Dende entón, o Pazo do Hórreo acolle as actividades parlamentarias de Galicia. Dispón de instalacións adaptadas para o traballo dos deputados e deputadas, incluíndo o salón de plenos, salas de comisións, sala de prensa, entre outras dependencias de uso polivalente.
Conta ademais cunha importante colección de arte galega contemporánea, con pezas de pintura e escultura que enriquecen o seu patrimonio. Ademais, grazas ao seu equipamento tecnolóxico, as sesións parlamentarias poden ser seguidas en directo a través da web institucional.
Importancia histórica e cultural:
O Pazo do Hórreo representa un símbolo da evolución institucional galega, desde a súa orixe como centro educativo ata a súa consolidación como epicentro do poder lexislativo autonómico. O edificio e o seu contorno conservan elementos arquitectónicos de grande interese, facendo del un referente do patrimonio histórico de Santiago de Compostela e de Galicia en xera
2. Fachada do Pazo do Hórreo
3. Verxa e Porta do Pazo do Hórreo
Bibliografía:
Conde Gómez, D. (2008). La escuela de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924). Información Veterinaria, (3), 23-25
Moure Pazos, I. (2011). El gran proyecto de Antonio Bermejo y Arteaga para Santiago de Compostela: la Escuela de Veterinaria como émula de la École d´Anatomie d´Alfort en París. Cuadernos de Estudios Gallegos, 58(124), 253-274
Parlamento de Galicia. (s.d.). A sede do Parlamento de Galicia. Recuperado o 27 de febreiro de 2025 de https://www.parlamentodegalicia.gal/Institucion/Sede
Parlamento de Galicia. (9 de outubro de 2019). Cúmprense 30 anos da inauguración do Pazo do Hórreo como sede do Parlamento de Galicia. Recuperado o 27 de febreiro de 2025 de https://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2993/cumprense-30-anos-da-inauguracion-do-pazo-do-horreo-como-sede-do-parlamento-de-galicia/