A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos.
Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.
Denominación: Murallas de Santiago
Tipoloxía: Arquitectura defensiva; Murallas
Cronoloxía: Século XI - XIX
Localización: Praza de Mazarelos, 9, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º52'41"N 8º32'32"O
Propiedade: Pública
A primeira muralla que Santiago tivo foi a construída polo bispo Sisnando II no 968, a cal rodeaba a primitiva igrexa, a praza da Quintana e o convento de San Paio de Antealtares. Esta muralla foi unha resposta as ameazas das incursións normandas e as razzias musulmáns, sendo unha destas últimas, a de Almanzor no 997, a que destruíu esta fortificación xunto co resto da cidade. Na actualidade acháronse uns poucos restos desta primeira muralla zona de Acibecharía e durante as obras do Museo das Peregrinacións.
Xa a mediados do século XI, a permanencia da ameaza musulmán e normanda e a extensión dos poboamentos urbanos fora da zona do Locus Sancti Iacobi levaraian ao bispo Cresconio (1037-1068) a construír unha nova muralla, a cal tería forma de ril e mediría case dous quilómetros de largo, cunha altura interior de cinco metros,dispoñendo de torres e almenas cada poucos metros, aínda que non se sabe a forma exacta destas últimas.
A muralla non serviría só para a defensa, senón que tamén tería unha función fiscal, pois a través das súas portas controlábase o tráfico de persoas e o comercial, o cal estaba suxeito ao pago de impostos aduaneiros. Tamén debeu ter un papel importante a hora de controar as epidemias. Unha influencia que aínda se pode ver claramente e a que tivo no ordenamento urbano da zona vella da cidade, pois ademais de dar forma a urbe antiga, tamén estruturou as súas rúas a través das portas principais, a do Camiño, a Faxeira e a de Mazarelos. Tamén limitou a altura dos edificios, pois unha casa con mais de dúas prantas considerábase como un perigo para a defensa da cidade.
2. Porta de Mazarelos
A unificación peninsular baixo a monarquía dos Reis Católicos e a seguridade que traxo, quitoulle case todo o seu sentido a muralla, a cal empezaría a deteriorase co paso do tempo, so recibindo unha revisión en 1596 debido ao perigo representado polas incursións dos corsarios ingleses, recibindo uns parches. No seu deterioro tamén influíu o feito de que, dende a Idade Media o concello da cidade soia dar en foro parcelas da muralla para uso particular, quedando en mans do dono o seu mantemento. Aunque oubo intentos pola parte dos veciños para reparala, tamén oubo partes da muralla que foron usadas como vertedeiro. O avance no uso da pólvora e a popularización dos canons acabaría por facer totalmente inservible as murallas. A de Santiago seria demolida no XIX ao presentar un obstáculo a expansión da cidade, a pesar do cal o seu contorno segue sendo visible, ademais de que algunhas casas foron construídas sobre partes desta, conservándose estes restos como "murallas fosilizadas".
Non so iso, pero tamén se pode identificar aun a localización das súas portas, as cales son:
-Porta do Camiño, situada fronte a rúa de Aller Ulloa. Esta era a porta na que desembocaba o camiño francés, sendo considerada por elo como a entrada principal da cidade, pola que entraban os príncipes e os nobres, e na se celebraba parte da toma de posesión dos arcebispos da cidade.
-Porta Faxeira, situada entre a Rúa do Franco e a Alameda. Nela desembocaba o camiño portugués, sendo tamén a porta de entrada do pescado e das mercancías provenientes dos portos de Pontevedra, Noia, Padrón e Fisterra.
-Porta de Mazarelos, situada no acceso a praza de Mazarelos. Por esta entraba o viño das comarcas do Ribeiro e o Ulla. E tamén a única porta que se conserva a día de hoxe.
-Porta da Mámoa, situada ao lado da cafetería Derby e fronte a praza de Galicia. Por esta porta entraban mercancías das areas do sur, e o seu nome podería vir dun enterramento megalítico que existiu nesa zona.
-Porta da Pena, situada xunto a rúa dos Loureiros. Por esta porta entraban peregrinos de Flandes e Inglaterra.
-Porta da Trinidade, situada ao final da rúa Carretas. Esta porta daba saida hacia Fisterra, e tamén daba acceso aos produtos hortícolas, o cal puido dar o seu nome a rúa das Hortas, que pasa por diante.
-Porta de San Francisco, situada fronte ao convento de San Francisco e xunto a facultade de medicina. Non hai documentación sobre esta porta, polo que se descoñece o seu uso.
Bibliografía
González Méndez, M. e Luaces Anca, J. (2009). A cerca da Cidade: Santiago de Compostela. Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación. Concello de Santiago.
Érase una vez Niels H. Abel y Evariste Galois. (17 de decembro de 2009). Muralla de Santiago de Compostela. Recuperado o 10 de febreiro de 2022 de https://abelgalois.blogspot.com/2009/12/muralla-de-santiago-de-compostela.html
Muralla digital. (20 de xaneiro de 2013). Las siete puertas de la muralla de Santiago de Compostela. Recuperado o 10 de febreiro de 2022 de http://murallasdigitales.blogspot.com/2013/01/las-siete-puertas-de-la-muralla-de.html
Morán, X. (1 de febreiro de 2014). Las Antiguas murallas de Santiago de Compostela. Xurde Morán. Recuperado o 10 de febreiro de 2022 de https://xurdemoran.blogspot.com/2014/02/las-antiguas-murallas-de-santiago-de.html
Xacopedia. (s.d.). Puertas de Santiago. Recuperado o 10 de febreiro de 2022 de https://xacopedia.com/puertas_de_Santiago
Imaxes
Autor descoñecido, Plano Santiago. 1595. Archivo General de Simancas. MPD, 34, 21, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons
Enrique Íñiguez Rodríguez (Qoan), Arco de Mazarelos, CC BY-SA 3.0