Durante os séculos medievais foise producindo un proceso de concentración da propiedade inmobiliaria en mans das institucións eclesiásticas. A maioría destas casas arrendábanse a laicos e aos propios coengos e, nas súas fachadas, portaban un distintivo que permitía identificar o seu propietario, todavía visible na actualidade.
Cuncha: é o que máis chama a atención dos peregrinos, dada a súa vinculación co Camiño, sendo o símbolo máis común no casco histórico. Moitas veces aparecía acompañado das siglas STO. Os edificios marcados con este símbolo pertencían ao cabildo da catedral.
Pino: outro símbolo bastante abundante, sobre todo no barrio de San Pedro. Aparece flanqueado polas letras SM, marca do monasterio de San Martiño Pinario, que chegou a ser o máis poderoso de Galicia. O nome de Pinario ven, ao parecer, da gran cantidade de pinos que había no solar onde se construíu o monasterio.
Cruz potenzada: situada nos edificios que eran propiedade do Hospital dos Reis Católicos. Tampouco hai moitas.
Cinco estrelas: é o escudo de Alonso III de Fonseca, pasando a formar parte, co paso do tempo, do escudo da Universidade, cuxa creación impulsou Fonseca. Hai bastantes na rúa Carretas.
Cáliz: está situado nos edificios que eran propiedade do Concello, pois forma parte do escudo da cidade. Abundante en Galeras, na rúa das Rodas e en San Pedro.
Pomba: símbolo do Espírito Santo, está situada nos edificios que eran propiedade da Cofradía do Espírito Santo, cuxa sede estaba situada no interior da catedral. Non hai moitas e están dispersas.
1. Cuncha
2. Pino
3. Cruz pontezada
4. Cinco estrelas
5. Cáliz
6. Pomba
Bibliografía:
López-Mayán, M. (2011). Origen y desarrollo de Santiago en época medieval: del locus Sancti Iacobi a la ciudad de Compostela. En VVAA, Historia de Santiago de Compostela (pp. 39-125). Vía Láctea
El Camino con Correos. (3 de novembro de 2016). Cultura y tradiciones del Camino. Recuperado o 13 de febreiro de 2020 de https://www.elcaminoconcorreos.com/es/blog/etapa-33-marcas-en-las-casas-de-santiago-un-patrimonio-nico-por-descubrir
Imaxes:
CLC, Marcas nas fachadas-Cuncha, CC BY-NC 4.0
CLC, Marcas nas fachadas-Pino, CC BY-NC 4.0
CLC, Marcas nas fachadas-Cruz pontezada, CC BY-NC 4.0
CLC, Marcas nas fachadas-Cinco estrelas, CC BY-NC 4.0
CLC, Marcas nas fachadas-Cáliz, CC BY-NC 4.0
CLC, Marcas nas fachadas-Pomba, CC BY-NC 4.0