A orixe da igrexa parroquial de San Miguel de Agros (antes coñecida como San Miguel de Cisterna) remóntase ó século X. Na época da súa fundación, este templo situábase extramuros da primitiva muralla da cidade, ata que no século XI levantouse a segunda e definitiva muralla, de moito maior perímetro que amparaba o antigo núcleo intramuros e o suburbio onde se situaban o mosteiro de Pinario e a igrexa de San Miguel.
Denominación: San Miguel dos Agros
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
Propiedade: Privada
Cronoloxía: Século XVIII
Localización: Rúa de San Miguel dos Agros, 3, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′55″N 8°32′35″O
Historia:
Durante a primeira metade do século XII, o crecemento da poboación, a creación de novos servizos e o desenvolvemento de novas arquitecturas, complementouse coa rehabilitación e reconstrución dos templos máis antigos. San Miguel de Agros foi unha desas arquitecturas reconstruídas, comezándose en 1122 a levantar un novo edificio románico con catro capelas realizadas ó longo dos séculos XIV e XVI.
Posteriormente, no século XVIII a igrexa desaparece, subsistindo apenas algúns sillares e o Agnus Dei que atópase aínda hoxe na fachada. A partir desta reconstrución o templo presenta unha orientación Norte-Sur, contraria á primitiva e tradicional Leste-Oeste. É importante destacar que nesta época as cubertas necesitaban ser reparadas, polo que o compostelán Fernando de Casas Novoa deseña un novo plan de abovedamento. Este proxecto barroco non foi realizado por Casas Novoa debido a que este estaba ocupado coas obras da fachada do Obradoiro, polo que é substituído por Clemente Sarela en 1745.
Arquitectura:
A igrexa de San Miguel de Agros presenta unha planta peculiar debido ó cambio de orientación do século XVIII antes mencionado. Debido a esta alteración o templo adquire unha configuración basilical en planta que se orienta cara a unha estrutura de tres cortas naves de dous tramos separados por grosos pilares e arcos de medio punto e cubertas con bóvedas de aresta. Esta aparente articulación basilical do espazo, con tres naves desiguais e capela maior cadrada con ampla sacristía detrás do retablo maior lógrase co novo aproveitamento que se fai do templo preexistente e das súas capelas.
En cuanto á fachada, o director da obra ía ser Melchor de Prado (mestre de obras da Catedral de Santiago entre 1807 e 1815), pero, debido ó atraso dos traballos, este non rematou o proxecto, sendo José Otero quen adaptou o seu deseño e concluíu a fachada entre 1823 e 1828.
2. Detalle da fachada da igrexa
A fachada de San Miguel de Agros salva o desnivel do terreo adiantando lixeiramente a planta. A obra completouse en sillería de granito e articúlase nun único tramo flanqueado por pilastras xónicas pareadas e dous vanos: a porta adintelada e un óculo enmarcado por un cadrado afundido levemente.
As pilastras xónicas elévanse sobre un podio, presentan fustes estriados e capiteis con volutas e grilandas. Sobre estes capiteis encóntrase un entablamento liso, coroado por un frontón triangular. Nos dous campanarios síguese a empregar a orde xónica, mantendo así a unidade de deseño. Cada torre componse de dous corpos con cupulín; o inferior é de planta cadrada con pilastras xónicas que enmarcan o vano onde se atopan as campás, mentres que o segundo corpo é de planta circular que se alixeira con vanos con arco de medio punto.
Interior:
Da decoración interior é importante destacar o retablo maior, realizado por Pablo Rosende en 1786 e policromado en 1794 polo pintor compostelán Antonio Mariño. Nel están aínda presentes peculiaridades do Barroco, como no feito de debuxar a planta en curva ou na presenza de frontóns semicirculares partidos. As esculturas son encargadas a Antonio Fernández, menos a de San Miguel, da que non se sabe moi ben a súa procedencia. O retablo, formado por dous corpos, levántase sobre un basamento de pedra e axústase ó testeiro. O primeiro corpo consta de tres tramos separados por dúas columnas e dúas pilastras de fuste liso e capiteis corintios, mentres que nos extremos colócase unha pilastra a cada lado da mesma orde. O tramo central está ocupado por un expositor de tipo clasicista rematado pola efixie da Fe, realizada por Juan Pernas en 1809, e de dous imaxes dos padres da Igrexa: San Mateo e San Marcos. O segundo corpo do retablo elévase sobre un entaboamento clásico que serve de apoio ó frontón triangular e ten unha hornacina coa imaxe de san Miguel flanqueado por dous anxos orantes axeonllados.
A pintura mural:
As pinturas representan catro escenas con pasaxes bíblicos: no muro do lado este, aparece Moisés ante a silva ardendo e Moisés coas táboas da Lei, mentres que no oposto aparecen Caín e Abel e o sacrificio de Isaac. É importante destacar que, comparando as características estilísticas de cada unha das pinturas, pódese observar que estas encóntranse distanciadas no tempo e que ademais non foron obra do mesmo autor, senón de tres mans diferentes.
3. Imaxes no interior da igrexa
Bibliografía
Centro Virtual Cervantes. (s.d.). Iglesia de San Miguel de Agros. Recuperado o 6 de febreiro de 2019 de https://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/sanmiguelagros.htm
Fernández Castiñeiras, E. (2001). San Miguel dos Agros. Xunta de Galicia.
Taín Guzmán, M. (1998). El urbanismo de Santiago de Compostela: un plano con las plazuelas de San Martín y San Miguel, de 1709. Espacio, Tiempo y Forma, 7, 199-215.