O convento de San Domingos de Bonaval está situado no Campo de San Domingos, no barrio de Bonaval de Santiago de Compostela.
A maioría dos edificios conservados foron construídos en estilo barroco a finais do século XVII e comezos do século XVIII, baixo a dirección dun arcebispo compostelán Frei Antonio Monroy, mecenas de Domingos de Andrade.
Denominación: Convento de San Domingos de Bonaval
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa; Convento
Cronoloxía: Séculos XII-XVII.
Localización: Costa de San Domingos, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'57"N 8°32'20"O
Propiedade: Pública
Unha escaleira tripla de caracol e de unha gran audacia estrutural foi construída tamén por Domingos de Andrade para comunicar o claustro do convento e as escadas do edificio. Encontrándose polo tanto esta arquitectura en Santiago de Compostela extramuros na ladeira do monte de Almáciga, cerca do lugar coñecido como Porta do Camiño, unha das portas históricas da cidade de Santiago.
A súa fundación atribuída erroneamente a Santo Domingo de Guzmán a principios do século XIII forma parte realmente a creación por San Francisco de Asís. No documento máis antigo no que se cita o convento, cunha advocación a Santa María xa no ano 1228. Desde o Século XV aparece xa co título de Santo Domingo e baixo o patrocinio da casa de Altamira.
2. Escaleira tripla de caracol
Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou ó municipio de Santiago. Pero tras o cumprimento do decreto de 1836 e cunha Deputación de A Coruña polo medio proponse o derribo de trinta edificios e destinou así o convento de Santo Domingo para cuarteis dos Reximentos de Compostela e Santiago coa demolición da Igrexa que non chegou a executarse.
Xa no ano 1841, por mediación do arcebispo Vélez, o municipio destinou o convento a un hospicio, e cara o 1945 o hospicio todavía ocupaba a parte norte e sur, a dereita da Igrexa encontrábase o colexio para cegos e xordomudos. Ó quitarse estas institucións quedou por un tempo desocupado ata que o propio municipio decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para o Museo Principal que se inaugura no 1963. É así como, xa no ano 1977, convertiríase no actual Museo do Pobo Galego.
Bibliografía
García Iglesias, J. M. (1990). Galicia: Tiempos de Barroco. Fundación Caixa Galicia
Fernández Cabo, M. C., González Uriel, A. e De Miguel, M. (2017). La triple escalera de caracol en el Convento de Santo Domingo de Bonaval (Santiago, España): hipótesis de diseño y construcción. Informes de la Construcción, 69(546), 1-10. http://dx.doi.org/10.3989/ic.16.119
Imaxes: