O Campus Sur é unha área da cidade de Compostela planificada para o emprazamento de parte das facultades ou edificios administrativos da Universidade de Santiago. Conta tamén con zonas verdes, parques ou residencias de estudantes.
Tamén coñecido como Campus Vida, comezouse a edificar a finais da década dos 20 nos territorios que tiñan sido ocupados pola Exposición Rexional de 1909. Coa súa construción, a Alameda pasaba a ocupar un lugar central dentro da cidade, pois ata entón tiña sido máis ben un extremo.
Denominación: Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela
Tipoloxía: Campus
Cronoloxía: Século XX
Localización: Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'27"N 8°33'14"O
Propiedade: Pública
O proxecto, do arquitecto vigués Jenaro de la Fuente, concebía unha ordenación con xardíns, fontes e amplios pavimentos, en parte inspirados en Versalles e outros proxectos franceses da Idade Moderna. O resultado caracterízase pola simetría e xera un efecto impresionante observado dende o mirador da Alameda. Este proxecto supuxo unha ampliación á conxestionada cidade existente, seguindo as ideas decimonónicas de cidade verde e de cidade-xardín.
O trazado xeral baséase nun exe que mira cara ao oeste dende a escalinata que o conecta coa Alameda, relacionando zonas verdes, equipamentos deportivos, residencias e facultades. Destaca a importancia botánica, con varias especies vexetais, así como a presencia de estanques e fontes.
2. Mapa da Universidade de Santiago de Compostela
3. Colexio Maior no Campus Sur
Bibliografía:
Iglesias, A. (2011). Santiago en la Edad Contemporánea: de ciudad en decadencia a capital de Galicia. En VV.AA. Historia de Santiago de Compostela. Vía Láctea
Turismo de Santiago. (s.d.). Campus Universitario Sur. Recuperado o 27 de febreiro de 2020 de http://www.santiagoturismo.com/parques-e-xardins/campus-universitario-sur
Imaxes:
Enrique Íñiguez Rodríguez (Qoan), Santiago de Compostela, CC BY-SA 3.0
gl:User:Iago Pillado, Colexio Maior no Campus Sur da USC-1, CC BY-SA 2.5 ES
Ligazóns a datos e catálogos