A Selva Negra é unha ampla finca (22 hectáreas) nas abas do Monte Pedroso, entre a Granxa do Xesto e o lugar de Bar de Abaixo. Grazas á súa adquisición polo Consorcio de Santiago, este espazo volve a ser patrimonio do Concello, logo de estar en mans privadas dende finais do século XIX. Recupérase para a cidadanía un espazo moi interesante, que dende 1911 é un referente local nos traballos de investigación da bioloxía e xeoloxía.
Denominación: A Selva Negra
Tipoloxía: Espazo natural; Parque
Cronoloxía: Século XIX
Localización: Lugar Granxa do Xesto, 1, 15898, A Coruña
Coordenadas: 42°53'33"N 8°33'35"O
Propiedade: Pública
A historia deste parque comeza no século XVII, cando por orde do Concello a veciñanza das parroquias de Marrozos, Aríns e o Eixo trouxa trinta carballos ao lugar de Bar, xunto á chamada Fonte do Cardeal Espínola, para adornada e dar comodidade aos visitantes. A Selva Negra, que recibe ese nome dende hai douscentos anos, era daquela un bosque municipal onde acudía a veciñanza a recoller leña e pastos, permanecendo así ate que pasou a mans privadas no século XIX. A literatura oral e escrita recolleu as lendas que corren arredor deste parque, ao que axudaba a espesura que nel existía: lendas sobre antigos castelos, vinganzas, ruínas e pantasmas.
A etapa máis recente da finca está moi vencellada aos seus penúltimos propietarios, o matrimonio formado polo profesor e médico analista José Daporta González e a pianista Rosita López Comunión, matrimonio destacado na Compostela de posguerra. Chegaron a formar unha gran colección de arte con cadros de Luis Seoane, Sorolla e Gauguin.
No momento da súa adquisición en 2007, o espazo caracterizábase pola existencia dunha carballeira que rodeaba unhas 2 hectáreas de prado en tránsito a mato. Após da carballeira, piñeiros, acacias, fieitos e eucaliptos. No comezo, elimináronse os eucaliptos e acacias, ademais de tratar aos carballos e outras especies. Plantáronse novos exemplares das especies presentes e engadíronse outras coma: castiñeiros, cerdeiras, faias, capudres ou sobreiras. Tamén plantáronse algunhas micorrizadas, pra facilitar o crecemento dos exemplares plantados, senón tamén para asegurar a futura presenza de setas. O claro obxectivo, era reverter o proceso de eucaliptización, ampliar a carballeira e confromar un parque natural diverso.
Dentro da fauna, podemos atopar grandes bolboretas (Pailio Machaon ou Iphiclides Podalirius), e na lagoa, especies diferentes de libélulas, dende as mais pequenas ás máis grandes (Anax Imperator), que comparten espazo coas ras, lagartixas e demais. Amais, son moitas as aves que visitan o Parque, coma os ferreiriños, miñatos, gaio (ou pega marza) ou pombos.
A Selva Negra ocupa unha valgada que recolle as augas do Monte Pedroso e de Monte de San Paio. Na parte central consérvanse as minas construídas para extraer auga do subsolo empregada pra o rego. Hoxe as augas descenden por un regato, ás veces seco, ata xuntarse coa fonte. Non moi lonxe da entrada, a extracción de pedra conformou unha zona deprimida, naturalmente impermeabilizada que acumula auga. Nela desenvólvense distintas plantas susceptibles de soportar a variación do nivel do auga e vai en aumento a fauna que hoxe se compón de ras e libélulas.
Bibliografía:
A Selva Negra. Santiago de Compostela. (2011). Concello de Santiago de Compostela
González Pérez, C. (2020). As carballeiras de Santiago de Compostela. Anuario brigantino, 43, 351–380. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8086822
Ligazóns a datos e catálogos