Tempos Arqueólogos

Tempos Arqueólogos é unha empresa especializada nunha ampla gama de servizos relacionados coa arqueoloxía, abarcando desde traballos de control e acompañamento en obras públicas ata a coordinación de proxectos en contornas patrimoniais. Así mesmo, destácase polo seu compromiso coa posta en valor de xacementos arqueolóxicos mediante a instalación de paneis informativos e a aplicación de tecnoloxías no campo. 

Nome: Tempos Arqueólogos 

Sigla:

Tipo: 

Datas (Fundación): 2020

Fundador: 

Sede: Santiago de Compostela 

Dirección: Rúa de Domingo A. de Andrade, 12, Bajo, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña 

Coordenadas: 42.8917667004724, -8.540487244176433 

Páxina Web: https://www.tempos.es/  

Entidade Superior: 

Tempos Arqueólogos ofrece unha variedade de servizos especializados en arqueoloxía. Entre eles destacan as Sondaxes Valorativos ou catas, os cales poden realizarse de forma mecánica ou manual. Estas sondaxes levan a cabo antes de realizar un proxecto de construción para verificar se hai restos arqueolóxicos baixo terra. As sondaxes mecánicas realízanse con retroexcavadoras e están aprobados pola administración do Patrimonio Cultural en casos onde hai pouco risco de danar ao patrimonio arqueolóxico. Doutra banda, as sondaxes manuais fanse con ferramentas como pas, picos e aixadas, extraendo os estratos en orde inversa á súa deposición. A escavación en área adoita ter os mesmos procesos que as sondaxes valorativos ou catas.

En canto á prospección arqueolóxica e ao estudo de impacto cultural, faise unha revisión detallada dos elementos presentes nunha determinada unha zona. Isto pode incluír a elaboración de compensacións ou a creación de catálogos de patrimonio no marco dun Plan Xeral de Urbanismo. Doutra banda, as prospeccións geofísicas ou geomagnéticas permiten a identificación de restos arqueolóxicos subterráneos mediante o uso de técnicas como o georadar, o magnetómetro ou o gradiómetro.

No referente ao control e seguimento de obras, hai un acompañamento por parte dun equipo de arqueólogos para documentar posibles achados non detectados en etapas previas e asegurar que as obras non afecten o Patrimonio Cultural. A lectura de paramentos aplícase ao estudo de edificios históricos, centrándose nos muros e elementos estruturais visibles.

Ademais, a empresa emprega técnicas avanzadas como a fotogrametría, os sistemas de información xeográfica (SIG) e os voos con drons para a adquisición de modelos 3D e a documentación de elementos patrimoniais.En canto á  restauración e conservación, levan a cabo traballos en elementos etnográficos como hórreos, cruceiros e muíños, incluíndo o seu traslado se é necesario.

Cos estudos históricos dos edificios, permítese un estudo detallado do seu pasado e evolución. Entre os proxectos realizados por Tempos Arqueólogos atópase o acondicionamento e posta en valor de Ponche Berrimes en Lousame (A Coruña), así como o acondicionamento, limpeza, sinalización e accesibilidade ao castro de Comparada, Lousame (A Coruña), e o estudo histórico arqueolóxico do xacemento Castillejo e a Actuación sur do castro e mosteiro de Cálago. 

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos