Seminario Menor De Belvís

Pequeno texto introductorio

Nome: Seminario Menor da Asunción

Sigla:

Tipo: Seminarios

Datas (Fundación): 1829/1953?

Fundador: Arcebispo Fray Rafael Vélez/Arcebispo Quiroga Palacios?

Sede: Seminario Menor da Asunción

Dirección: Avda. Quiroga Palacios, 2A

Coordenadas: 42.877206, -8.537332

Páxina Web: https://www.smasuncion.es/

Entidade Superior: Arcebispado de Santiago de Compostela

O Seminario Menor de Belvís é unha edificación que dende mediados do século XX funciona como colexio de primaria (Escola do Neno) e albergue para peregrinos.

Atópase a 10 minutos andando da Catedral de Santiago de Compostela, fronte ao parque de Belvís, cunhas vistas impresionantes do casco vello da cidade.

O Seminario foi fundado polo Arzobispo Fray Rafael Vélez en 1829 no edificio San Clemente, que hoxe en día é o IES Rosalía De Castro. En 1868 o Cardenal García Cuesta trasladao ao magnífico edificio San Martín Pinario, que fora desamortizada e ofrecía un aspecto desolador, polo descuido e o abandono. A necesidade dun espazo maior que requería polo ingreso de numerosos seminaristas, García Cuesta pediu a Isabel II para a permuta do Seminario de San Clemente, edificio perfecto e ben conservado, o oposto a San Martín.

Dende ese ano ata hoxe desenvolveu as súas actividades no edificio mencionado. Xa no século XX o aumento de alumnos, as exixencias educativas e a situación do edificio obrigou aos prelados composteláns a levar a cabo unha serie de traballos para a adaptación. Moven a unha parte do Seminario ao Hospital de San Roque, en 1947, aínda que dito Hospital non reunía as condicións necesarias para o cometido.

Unha vez é nomeado Arcebispo de Santiago Fernando Quiroga Palacios, as dúas sedes do Seminario atópanse nunha situación lamentable e proponse actuar ao respecto. Para esto, levará a cabo unha reforma e restauración de San Martín e construír un Seminario Menor de nova planta.

D. Fernando é promovido a cardenalato en 1953 e ese mesmo ano, iníciase a andadura do Seminario Menor da Asunción.

Este Seminario, baixo as directrices do Arcebispo segue sendo o seminario menor das dióceses compostelás para atender ás súas necesidades así como colaborar coa Igrexa Universal.

Como escola, está aberta aos alumnos que lles interese unha formación seria de aspectos humanos, académicos e cristiáns.

Ao mesmo tempo, unha das zonas tamén é o albergue que mencionei ao principio para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago.

Bibliografía:

  • http://www.alberguesdelcamino.com/santiago/albergue-seminario-menor

  • http://www.sientegalicia.com/fichav.php?id=49&idzona=4

Enlaces a datos e catálogos