Seminario De Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos foi unha institución científico-cultural que tiña como finalidade a formación de investigadores e o estudo científico de Galicia en tódolos aspectos da súa realidade.queno texto introductorio

Nome: Seminario de Estudos Galegos

Sigla: SEG

Tipo:

Datas (Fundación): 1923

Fundador:

Sede: Pazo de Fonseca

Dirección: Rúa do Franco, 3 - 15702 Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52'45.8"N 8°32'43.5"O

Páxina Web:

Entidade Superior:

- Fundación

O 12 de outubro de 1923, un grupo de estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundaron, na casa de Rosalía de Castro en Ortoño, o Seminario de Estudos Galegos. Este grupo estaba constituíudo por Armando Cotarelo Valledor, Lois Tobío, Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Manuel Magariños, Xosé Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Francisco Romero de Lea e Alberte Vidán.

- Finalidade

O obxectivo do Seminario era crear unha institución científico-cultural que fora un fogar e espallamento do saber cinguido á cultura e realidade galegas. Co tempo, convertíuse nunha escola de investigadores, contrarrestando o labor co desinterese da universidade compostelá pola realidade galega e utilizando por primeira vez a lingua galega en publicacións e investigacións científicas, pois hai que ter en conta, que nos atopamos no contexto da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), que puxo fin ao sistema constitucional que se instaurara en España dende 1878.

O Seminario organizouse en doce seccións, seguindo a estrutura interdisciplinar do Institut d´Estudis Catalans e a el fóronse incorporándo intelectuais galeguistas provintes do Grupo Nós como Vicente Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte, Antón Losada Diéguez e Castelao. Ademais, tamén o fixeron o arcebispo de Santiago, Manuel Lago González, Xosefa Iglesias Vilarelle, Salvador Cabeza de León, Xesús Carro, Manuel Lugrís Freire, Ricardo Carballo Calero, Vitoriano Taibo, Gonzalo López Abente, Bal y Gai, Luís Iglesias ou Camilo Díaz Baliño entre outros.

As doce seccións nas que se estruturou o Seminario foron as seguintes: Filoloxía; dirixida por Armando Cotarelo Valledor Arte e Letras, por Castelao; Etnografía, por Vicente Risco; Historia baixo a dirección de Salvador Cabeza de León, que tamén foi presidente do Seminario dende 1925 a 1934; Prehistoria, dirixido por Florentino López Cuevillas; Xeografía, por Otero Pedrayo; Historia da Arte por Xesús Carro; Historia da Literatura por Xosé Filgueira Valverde; Pedagoxía por Manuel Díaz Rozas; Ciencias Aplicadas por Manuel Gómez Román; Ciencias Naturais baixo Luís Iglesias; e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas por Lois Tobío.

-Financiamento

Foi financiado con fondos procedentes de particulares como Portela Valladares, de organismos públicos como a Deputación da Coruña e tamén pola comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires.

En 1925 a presidencia recaeu a Salvador Cabeza de León.

- Ubicación

O local do Seminario estaba situado nos baixo do Colexio Maior San Clemente (actual Instituto Rosalía de Castro), mais, a partir de 1930, o Seminario asentouse definitivamente no Pazo de Fonseca.

As súas creacións foron publicadas por diferentes medios: dende monografía publicadas no Seminario pola Editorial Nós de Ánxel Casal

- Publicacións

No ano 1927 comezaron a publicar os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, que editou Ánxel Casal e que recompilaría as publicacións da institución.

Inauguraron liñas de estudo que estaban case baleiras ata o momento, como por exemplo as matemáticas, a astronomía, a química ou a economía, materias tratadas seguindo as investigacións tecnolóxicas máis avanzadas do seu tempo, nun esforzo por elevar o nivel da cultura galega ao nivel internacional.

As actividades do Seminario rompéronse en xullo de 1936 polo novo réxime, dando fin a unha institución científico-cultural que se inaugurou e se pechou cunha ditadura. No ano 1944 recuperouse o patrimonio do Seminario de Estudos Galegos, que foi incorporado por unha nova institución, o Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, que depende do Centro de Superior de Investigacións Científicas

(CSIC)


*COMPLETAR

Bibliografía:

Imaxes: