Sede SGAE

Pequeno texto introductorio

Nome: Sociedade General de Autores y Editores (Santiago de Compostela)

Sigla: SGAE

Tipo: Asociacións profesionais

Datas (Fundación): 2008

Fundador:

Sede:

Dirección: Rúa Salvadas, 2 A - 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)

Coordenadas: 42.886,-8.547

Páxina Web: www.sgae.es

Entidade Superior: Sociedad General de Autores y Editores (España)

Tra-la inauguración da Escola de Altos Estudos Musicais, Antón García Abril e Ensamble Estudio recibiron o encargo de construír, no mesmo recinto, a nova sede en Galicia da Sociedad General de Autores y Editores. O edificio proposto, cuxa construción comezou en 2006, é unha espectacular peza lonxitudinal que ofrece dúas caras: vista dende a rúa na que se inserta (rúa Salvadas), mostra unha cara convexa de vidro translúcido e luces de cores, mentres que vista dende a finca e dende o casco histórico, mostra unha cara cóncava formada por grandes pezas de granito engarzadas nunha estrutura metálica, a modo de construción megalítica. Así, a construción arquitectónica deste edificio é fiel ao espírito da cidade, pois mantén un diálogo entre o histórico e o contemporáneo.

Presenta dúas plantas sobre rasante e outras dúas baixo rasante, salvando o desnivel existente. A xeometría do edificio apoia a idea de abrirse cara ao interior, mediante o perímetro cóncavo de pedra que se inserta na natureza, e cerrarse cara ao exterior, mediante un perímetro convexo que se inserta na urbe. Consta de catro áreas funcionais: unha para a formación, con diversas aulas; outra administrativa, con oficinas; outra cun auditorio e un laboratorio de audio e vídeo, onde os autores contan cun estudo de gravación e un plató multiusos; e un último espazo dedicado á exhibición e á promoción.

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos