San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro benedictino fundado no século X e levantado na actual praza da Inmaculada. Está situado fronte á fachada norte ou da Azabachería da catedral de Santiago e ocupa 2,2 hectáreas. Pequeno texto introductorio

Nome: Mosteiro de San Martiño Pinario

Sigla:

Tipo: Mosteiros; Museos; Seminarios; Hospedaxes

Datas (Fundación): Século X

Fundador: Orde de San Bieito

Sede:

Dirección: Praza da Inmaculada, 5 15704 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42°52′55″ N, 8°32′40″ O

Páxina Web:

Entidade Superior:


Historia

O mosteiro foi fundado por un grupo de monxes benedictinos que pouco despois do descubrimento dos restos do Apóstolo establecéronse no lugar chamado Pignario, próximo á capela da Corticela (hoxe en día integrada dentro da catedral), onde celebraban os seus oficios. A comunidade estivo vinculada ao culto do Apóstol Santiago dende o obispo Sisnando I (880-920). A comunidade custodiaba o sepulcro do apóstolo xunto coas congregacións monásticas de San Paio de Antealtares e San Fiz de Solovio. O maior desenvolvemento do mosteiro comezo a partir de 1494, cando pasou a depender da congregación bieita de Valladolid. A partir de aquí acadaron a riqueza que lles permitíu sufragar as impoñentes obras da igrexa, que constituíu, xunto á catedral, o máis valioso conxunto do barroco galego. No curso do ano 1991, despois de acondicionar as dependencias monásticas e limpar e restaurar os valiosos retablos.


No ano 1050 o crecemento da comunidade prantexou a necesidade da construción dun templo máis grande, que se realizou en estilo románico por decisión do abade Ataulfo, rematándose as obras en 1112, ano no que o arzobispo Xelmírez consagrou a igrexa, mais foi reedificada completamente a partir do século XVI. As propiedades do mosteiro irán en aumento durante a Idade Media, por unha banda a causa das adquisicións e por outra polas donacións; paralelamente, foise abandonando o sostemento da Igrexa da Corticela, o que creou algunhas tensións co cabildo catedralicio. O mosteiro creceu de tal maneira que a mediados do século XV convertíuse no mosteiro máis rico e poderoso de Galicia, o que o conlevou a que fose reedificado case completamente a partir do século XVI, tendo baixo a súa dependencia á maioría dos mosteiros galegos.


A desamortización de Mendizábal, no ano 1835, supuxo a exclaustración dos monxes benedictinos, implicando un progresivo deterioro das súas instalacións. Porén, no ano 1868 convertíuse na sede do Seminario Maior da archidiócese compostelana que foi trasladada dende o Colexio de San Clemente (o actual edificio do Instituto Rosalía de Castro), deste xeito, o edificio adaptouse aos novos tempos albergando no seu interior diferentes institucións, entidades e actividades.

Deixou de ser mosteiro a mediados do século XIX, debido ao seu tamaño, posto que é o segundo mosteiro máis grande de España despois do Escorial, e por iso no seu interior acolle distintos usos. Ademais de Seminario Maior e de aloxar a Escola Universitaria de Traballo Social e os estudos de Teoloxía, é residencia universitaria durante o curso e hostal no verán. Tamén acolle o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela e diferentes dependencias administrativas relacionadas coa Igrexa, como por exemplo a sede do Instituto Teolóxico Compostelano. Ademais, entre os seus usos tamén cabe destacar o seu Museo Diocesano, onde se expón unha importante colección de iconografía, orfebrería, pinturas, tallas escultóricas, manuscritos, así como imprenta, un gabinete de historia natural e física e unha botica. Na súa Igrexa só se oficia o culto en cerimonias especiais.