Sala Capitol

A Sala Capitol é unha sala de concertos na que xéneros musicais de todo tipo visitan as súas instalacións cada semana, de xoves a sábado. É unha das salas de concertos máis importantes de Galicia.

Nome: Sala Capitol

Sigla:

Tipo: sala de concertos

Datas (Fundación): 2003

Fundador: Francisco Sanín

Sede:

Dirección: Rúa Concepción Arenal, 5

Coordenadas: 42.87673216402633, -8.543390247109514

Páxina Web: https://www.salacapitol.com/ 

Entidade Superior:

Fundada en 2003 como discoteca, no lugar onde durante máis de 50 anos estivera o mítico Cine Capitol, na actualidade destaca especialmente polos seus espectáculos en directo. Porén, alí tamén teñen lugar eventos e celebracións de todo tipo: empresa, actos de campaña... Ten vocación de estar presente en los acontecementos máis importantes da cidade e servir como aglutinador alternativo á rede de contedores culturais da contorna compostelá.

É un local amplo con excelente acústica e acabados elegantes. Está preparada para concertos de mediano e gran aforo. Polo seu escenario pasaron importantes artistas de distintos xéneros musicais desde rock ata pop, pasando por cantautores ou música actual, tanto galegos e españois como internacionais. De entre eles, encontrámonos con Sidonie, Triángulo de Amor Bizarro, Love of Lesbian, Supersubmarina, León Benavente ou Xoel López, entre moitos outros. Tamén están presentes en ciclos e festivais multidisciplinares de carácter internacional como o WOMEX, Xacobeo Importa, WOS, Via Stellae, Cineuropa, Curtucircuito, Conecta FICTION, a Feira Galega das Artes Escénicas ou o Festival de Músicas e Artes Atlánticas Maré. Foi a terceira sala no ranking da lista das Mellores salas de España publicada pola revista Rolling Stone no año 2011, só por detrás das barcelonesas Razzmatazz e Sala Apolo.

Bibliografía:

Imaxes: