Sacauntos Cooperativa Gráfica

Sacauntos é unha cooperativa gráfica que oferta servizos de deseño gráfico e web e impresión en grande e pequeno formato.

Nome: Sacauntos Cooperativa Gráfica

Sigla:

Tipo: cooperativa; imprenta; deseño gráfico; deseño web

Datas (Fundación): 

Fundador:

Sede:

Dirección: r/da Torreira 23-25, baixo

Coordenadas: 42.89874426412194, -8.547243508569764

Páxina Web: https://sacauntos.com/

Entidade Superior:

Son diferentes no seu xeito de traballar e de abordar os proxectos. Cada un dos membros da cooperativa ten orixes e formacións diversas, e iso failles ser un equipo versátil e con recursos, manobrando de forma que outras imprentas ou equipos de deseño non poden facer.

Teñen unha forte vocación social: colaboran con colectivos e asociacións de todo tipo, coa vontade de teren un impacto na súa contorna. Queren ser á vez imprenta de barrio e un referente para as persoas que inician os seus proxectos culturais ou activistas. O seu local é un punto de encontro para empresas, colectivos e individuos de todo tipo. 

Fan desde libros e revistas a tarxetas de visita, cartaces para exterior, lonas de gran formato ou papelaría corporativa. Deseñan logotipos, páxinas web, fan ilustración e infografismos e diagraman publicacións de terceiros. 

Ofrecen servizos de autoedición para autores independentes que escollen a vía de publicaren o seu propio traballo; á vez que ofrecen tamén servizos editoriais (corrección, tradución, estilo). Deseñan e organizan exposicións de pintura ou fotografía, presentacións de libros, roldas de prensa e outros eventos. Teñen ao seu dispor equipos de son, photocalls, soportes de exposición, iluminación etc. Poden xestionar servizos de cátering e cobertura fotográfica ou de vídeo para un acontecemento social. 

Entre os seus traballos máis destacados destacan carteis para o Museo do Pobo Galego, para a EOI de Santiago ou para a USC, así como o deseño da páxina web do Bloque Nacionalista Galego en 2012.

Bibliografía:

Imaxes: