Resonet 

Grupo de música antiga orixinado en 1990, en Santiago de Compostela, baixo a dirección de Fernando de Fernando Reyes e Mercedes Hernández, quen tomou de inspiración para o nome do grupo unha peza do Códice Calixtino. 

Nome:  Resonet 

Sigla:

Tipo: Grupo musical 

Datas (Fundación): 1990 

Fundador: Fernando Reyes;  Mercedes Hernández

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Rúa das Casas Reais, 12, 2º b, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.88162390284249, -8.541711215341147  

Páxina Web: http://www.resonet.es/galego/Resonet_galego/Inicio.html 

Entidade Superior: 

O obxectivo desta agrupación é preservar e transmitir as obras de arte musicais coa máxima autenticidade posible. Para iso, usan instrumentos orixinais ou reproducións exactas, así como técnicas vocais adecuadas para cada período estético. A súa misión é outorgar a estas obras pasadas un significado musical e cultural actual contemporáneo, permitindo que o público as aprecie. Como parte desta responsabilidade, realizan os seus propios proxectos de investigación e nos seus concertos, incorporan un gran compoñente dramático.  

Ao longo dos anos, realizaron moitas actuacións por toda Europa, cun amplo repertorio que abarca desde a música medieval galega ata a ópera veneciana do século XVII, pasando pola polifonía renacentista e a música barroca española. O grupo dedica gran atención á música asociada ao Camiño de Santiago, polo que produciron seis álbums A Grande Chanson, con música de peregrinos franceses do século XVII; Lles Pellerines, centrado na moda da peregrinación da Francia barroca; Santiago!, música e peregrinación a Santiago no Renacemento, II Pelleregrino, que explora músicas relacionadas coa viaxe de Cosme de III de Medici en 1668; e Canto de Ultreia e Festas Dies: A consagración da Catedral de Santiago de Compostela, 1211, os dous con músicas do Códice Calixtino e cánticos de peregrinos. Ademais destes traballos, gravaron outros discos, como Cantares Galegos, desenvolvendo poemas de Rosalía de Castro inspirados en cantos populares galegos; Canto de Nadal, que presenta música tradicional galegas de Nadal; Floralba: cantos e romances de Galicia; e Cantiga, trobadores de Galiza e Portugal.

En 2022, Resonet presentou o proxecto Chacona, a canción de Santiago xunto cunha gravación e unha exposición no Museo das Peregrinacións e de Santiago, comisariada por Fernando Reyes. 

Os seus membros, provenientes de distintos lugares de España e doutros países europeos, contan cunha especialización na interpretación de música antiga nas máis destacadas institucións musicais de Europa, como o Conservatorio de Toulouse en Francia, entre outros. Actualmente, colabora con moitos grupos e directores na realización de discos, guías didácticas, exposicións  e concertos por toda Europa, como a Universidade de Santiago de Compostela. 

Bibliografía:

Imaxes: