O antigo Colexio de San Xerome é un dos catro edificios que flanquean a praza do Obradoiro, situado na súa parte sur. Actualmente é a sede do reitorado da USC.
Nome: Colexio de San Xerome
Sigla:
Área de actividade: Colexios maiores
Datas: ca. 1521
Fundador: Alonso III de Fonseca
Sede: Colexio de San Xerome
Dirección: Praza do Obradoiro,15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52'48"N 8°32'44"O
Páxina Web:
Entidade Superior: Universidade de Santiago de Compostela
A institución orixinal naceu a comezos do século XVI como unha residencia para estudantes pobres e artistas, fundada por Alonso III de Fonseca. A súa fundación foi posible pola dispoñibilidade do edificio e das rentas do vello hospital de peregrinos da cidade (o de Santiago o Maior), situado en Azabachería, o cal perdeu a súa función trala fundación do Hospital Real dos Reis Católicos. O Colexio foi ubicado, así, en Azabachería, cambiando a mediados do século a titularidade de Santiago o Maior a San Xerome, pasando a ser dependente do Colexio de Fonseca, construído a mediados de século.
A mediados do século XVII, foi demolido, sendo trasladado o Colexio á súa ubicación actual, con Peña de Toro e Bartolomé Fernández como arquitectos principais, conservando algúns elementos do edificio vello. Un exemplo sería a portada gótica, que dá cara á praza do Obradoiro. Nas batentes dispóñense seis esculturas: Santiago o Maior, San Xoán Evanxelista, San Francisco de Asís, San Pedro, San Pablo e Santo Domingo de Guzmán. No tímpano atopamos á Virxe Inmaculada co Neno e, aos seus lados, San Miguel e Santa Catalina. Vemos como as advocacións se relacionan coa orixe hospitalaria do edificio. Tamén aparecen varios escudos relacionados coa figura de Alonso III de Fonseca.
2. Reitoría da USC
Bibliografía:
Asturnatura. (s.d.). Colegio de San Xerome de Santiago de Compostela. Recuperado o 14 de febreiro de 2025 de https://www.asturnatura.com/turismo/guia/colegio-de-san-xerome-de-santiago-de-compostela-3829
Castro, B. (2011). De la ciudad medieval a la barroca: transformaciones y pervivencias en Santiago de Compostela en Época Moderna. En VVAA, Historia de Santiago de Compostela. Vía Láctea
Fundación Jacobea. (26 de setembro de 2024). Santiago: El Colexio de San Xerome. Recuperado o 14 de febreiro de 2025 de https://www.fundacionjacobea.org/santiago-de-compostela/santiago-el-colegio-de-san-xerome/
Imaxes: