A Real Academia Galega (RAG) é a institución científica cuxo obxecto de estudo é a cultura galega e, especialmente, a súa lingua. Elabora todo tipo de leis (gramaticais, ortográficas e léxicas) ao mesmo tempo que a defende e promove. Ademais é a encargada de escoller á celebridade á que se lle dedica cada 17 de Mayo o Día das Letras Galegas.
Nome: Real Academia Galega
Sigla: RAG
Área de actividade: Institución cultural
Datas: 1906
Fundador: Manuel Curros Enríquez
Sede: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Dirección: Rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña
Coordenadas: 43°22′10″N 8°23′40″O
Páxina Web: https://academia.gal/
Entidade Superior:
A RAG tivo un precedente: a Comisión Xestora para la creación de la Academia Galega, promovida por Emilia Pardo Bazán e Ramón Perez Costais,que se constituíu como a base dunha sociedade presidida pola escritora, Folclore Gallego, que tamén a presidiu.
Non 1904, o soado Manuel Murguía publicou un artigo onde propugnaba a creación dunha academia galega, algo que suscitou un interese creando na Habana, ao ano seguinte, a Sociedade Protectora de la Academia Galega grazas ao impulso de Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Esta institución creou impulso en Coruña, xurdindo iniciativas en reunións na Librería Rexional de Eugenio Carré Aldao.
Non ano 1906, o 30 de Septembro, créase a Real Academia Galega, presidida por Muguía e con mais de 40 representantes nas súas filas. Os seus obxectivos eran fundamentalmente lingüísticos ao principio, incluíndo un dicionario e unha gramática propia, algo que se demoraría moitos anos.
Durante a presidencia de Murguía (1906- 23) a figura de Rosalía foi elevada, publicouse o Boletín da academia galega pero viuse con problemas internos en cuestión ideolóxica. Tras un breve período de inactividade1 Eladio Rodríguez é elixido presidente e será un gran momento para a Academia grazas ás incorporacións de Castelao e Antón Vilar Ponche.
Coa Guerra Civil a Academia foi silenciada e actuou, practicamente, de maneira clandestina, baixo as presidencias de Manuel Casás Fernández e Sebastián Martínez- Risco e Maciás.
En 1963 apareceu o famoso Día das Letras Galegas, que cobraría importancia co paso dos anos. En 1972, estandarizouse na RAG o deseño actual da bandeira galega e anos mais tardes propuxeron á Xunta de Galicia conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da moderna. O resultado foi a superposición das armas ou o escudo sobre a bandeira civil, formando a actual bandeira que debe figurar nos actos oficiais do goberno e nas institucións galegas.
Coa presidencia de domingo García- Sabell (1977-1997) acordouse co Instituto da Lingua Galega as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982). A RAG foi recoñecida como entidade normativa do galego en 1983 mediante a Lei de Normalización Lingüística.
Creouse un Seminario de Lexicografía que elaborou o primeiro dicionario monolingüe e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o mapa sociolingüístico de Galicia.
Non hai moito, en 2003, as normas ortográficas e morfolóxicas foron revisadas.
Bibliografía:
Monteagudo, H. (2006). A Academia, o idioma e o nacionalismo, 1906-1930. Notas para unha historia. Grial, (171), 26–37
Ligazóns a datos e catálogos