Pazo de Xelmírez

Pequeno texto introductorio

Nome: Pazo de Xelmírez

Sigla:

Tipo: Pazos

Datas (Fundación): 1120-1136

Fundador: Arcebispo Xelmírez

Sede:

Dirección: Praza do Obradoiro

15704 Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52'52.00"N, 8°32'43.01"O

Páxina Web: http://catedraldesantiago.es/

Entidade Superior:

Situado ao norte da Catedral, entrando pola Praza do Obradoiro, constitúe un dos ``máis insignes monumentos da arquitectura civil´´ segundo Lampérez. Pertence aos séculos XII-XIII, cando o arcebispo Xelmírez quixo construír un pazo digno das grandes personaxes que chegaban en peregrinación a Compostela: reis, príncipes e magnates. Foi o antigo palacio persoal da Catedral de Santiago de Compostela, sendo construído por Xelmírez entre 1120 e 1136. Do edificio orixinal só se conservan as portas de comunicación coa basílica: a Porta de Gramáticos, a Porta da Torre e a Porta da Tribuna.

Entrando á esquerda, hai un salón de 20 metros de largo por 8 de ancho. Ten bóvedas de arestas e arcos de medio punto apoiados sobre finas e elegantes columnas con fermosos capiteis. As fiestras con derrame interior, preséntanse pra a defensa. Enriba atopamos un comedor e un salón de festas que mide máis de 30 metros por 8. Aparecen os nervios na bóveda, influencia gótica, e os da cabeceira profusamente decorados con arcos de ferradura, e na mesma dúas grandes claves de bóveda. Os nervios descansan sobre artísticas ménsulas, que consideradas en conxunto, representan un banquete para aquela época. Non podían faltar xograres, representados cos seus instrumentos, ademais de reis e nobres.

O muro que da cara ao Obradoiro, está inclinado ao exterior, polo que nos séculos XVI e XVIII, engadiron os muros actuais, pra evitar que o Pazo caera. Os dous pisos superiores son propiedade do actual Palacio Arcebispal, con entrada por Praza de Acibechería. O cardeal tamén pode pasar á Catedral directamente polo Pazo de Xelmírez.

Tras ser a sede provisional do Parlamento Galego, dende a súa constitución en Decembro de 1981, ate que se trasladou ao Pazo de Fonseca en verán de 1982. Actualmente ten un novo uso museístico integrado dentro da área do Museo da Catedral de Santiago de Compostela.

Exposición no interior do Pazo

Un dos detalles escultóricos

Conxunto escultórico dos instrumentos musicais

Bibliografía:

  • Fuertes Domínguez, Gregorio. Guía de Santiago, sus monumentos, su arte. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano, 1971

Imaxes: