Museo de Historia Natural "Luís Iglesias" (MHN)

O Museo de Historia Natural, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela desde o 2011, cando foi cedido polo Consorcio de Santiago, ocupa unha superficie de 2000 m², e eríxese como un centro de educación formal e divulgación científica. Tras a súa renovación en 2014, converteuse nun museo moderno, presentando as ciencias naturais de forma innovadora e accesible para os visitantes.

Nome: Museo de Historia Natural 

Sigla: MHN

Tipo: Museo           

Datas (Fundación): 1840-41

Fundador: Antonio Cáceres Rodríguez 

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Parque Vista Alegre, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Coordenadas: 42.8869519336712, -8.545701171164712 

Páxina Web: https://www.usc.gal/museohn/index.html 

Entidade Superior: Universidade de Santiago de Compostela 

Historia 

Aínda que o Gabinete de Historia Natural ten as súas orixes no XVIII, os rexistros existentes corroboran a súa creación no 1840-41, cando se crea a Cátedra de Historia Natural. Baixo a dirección do seu primeiro director, Antonio Cáceres Rodríguez, iniciouse o desenvolvemento deste Gabinete, influenciado por elementos sociopolíticos, ideolóxicos e estéticos da súa época. 

O seu patrimonio formouse inicialmente con obxectos provenientes dos gabinetes científicos da Universidade, así como coas coleccións elaboradas polos profesores para a instrución dos seus alumnos. Co transcurso dos anos, tanto o Gabinete como o museo enriquecéronse con pezas e coleccións doadas. 

En 1906, o Gabinete adoptou a nova denominación de Museo de Historia Natural. Nesta época, as antigas coleccións integráronse nunha sección denominada Museo Xeral, a cal se foi completando con exemplares de minerais, vexetais e animais procedentes da Biblioteca América. Aínda que esta etapa de desenvolvemento chegou ao seu fin, a institución sobreviviu grazas á incorporación de Luis Iglesias en 1918.

O ano 1961 marcou o inicio dunha nova etapa, que extendeuse ata 2011, durante nal cal o museo aloxouse na Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química).       

En 2011, o museo trasladouse  á súa localización actual  e reabriu as súas portas en 2014.

Organización das salas en tres partes:

Nas súas actuais instalacións, as coleccións botánicas, faunísticas e xeolóxicas do Museo, distribúense en tres salas:

Zooloxía: As dúas salas máis amplas están dedicadas a coleccións zoológicas. Na primeira delas exhíbese unha representación de fauna mundial composta por especies representativas dos cinco continentes. Ademais, atópase unha sección pertencente á Biblioteca América. Noutra zona desta sala exponse a fauna mariña. A segunda sala zoológica está dedicada a Galicia, destacando os 106 dioramas de fauna de Galicia, así como unha parte da colección  de insectos que conta con máis de seis mil exemplares. 

Botánica: A terceira sala alberga as coleccións de xeoloxía e botánica. Na sección dedicada ao  mundo vexetal, xunto a coleccións de madeiras, froitos e sementes, atópase o herbario de algas mariñas, preparado en 1987 polos investigadores do Laboratorio de Algas Mariñas da Universidade 

Xeoloxía.  Nesta zona destaca os modelos cristalográficos de Haüy a colección de modelos cristalográficos, que inicialmente constaba de 1.024 exemplares, correspondentes a 120 especies. Na actualidade consérvanse 1.001. 

A pesar das perdas sufridas ao longo do tempo, entre a actual colección de minerais de Galicia aínda se conservan mostras de zaratita e morenosita. Tamén se exhiben exemplares de minerais aos que o xeólogo Isidro Parga Pondal dedicou algúns dos seus traballos, enriquecendo así a sección xeolóxica do Museo. A primeira parte desta colección está formada por case seiscentos exemplares.

En 1998, o Museo adquiriu unha das reproducións do mapa en relevo a escala a 1:100.000 de Galicia.

Bibliografía:

Imaxes: