O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo de Santiago de Compostela centrado no fenómeno universal da peregrinación (con especial atención á xacobea) e no nacemento e desenvolvemento da cidade de Santiago ó redor da catedral e da peregrinación á tumba de Santiago o Maior.
Nome: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Sigla: MDPS
Área de actividade: Museo
Datas: 1951
Fundador: Manuel Chamoso Lamas
Sede: Casa Gótica (sede administrativa); Edificio do Banco de España (sede expositiva); Casa do Cabido
Dirección: Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′47″N 8°32′38″O
Páxina Web: https://museoperegrinacions.xunta.gal
Entidade Superior: Xunta de Galicia
O Museo das Peregrinacións e de Santiago creouse en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas, pero non foi ata 1996 cando a Xunta de Galicia se fixo coa xestión do Museo e se abriu o museo de forma permanente, xa que ata entón nel só se celebraban algunhas exposicións temporais que adoitaban coincidir cos Anos Santos. O Museo das Peregrinacións creouse co obxectivo de albergar restos arqueolóxicos relacionados coa cidade de Santiago, así como para centrarse nos aspectos relacionados co mundo das peregrinacións.
A súa primeira sede atopábase na rúa de San Miguel dos Agros, concretamente na chamada Casa Gótica (do século XIV). A Casa Gótica consta de sete salas nas que se expoñen obxectos e documentos relacionados co Camiño de Santiago e o seu vínculo coa cidade. A sala 1 ten como obxectivo explicar a peregrinación como fenómeno antropolóxico universal, mentres que as salas 2 e 3 se centran nas orixes do culto ao apóstolo Santiago e na conformación histórica da cidade en torno ao seu sepulcro. Pola súa banda a sala 4 centra a súa atención nas diferentes rutas do Camiño de Santiago, mentres que a sala 5 adoita acoller exposicións temporais. Por último, na sala 6 analízase a produción artesanal da cidade ligada ás peregrinacións (acibecheiros, prateiros,...) mentres que na sala 7 pódese ver unha selección iconográfica do apóstolo Santiago.
Casa Gótica (rúa de San Miguel dos Agros), primeiro edificio do Museo das Peregrinacións.
En 2006 acordouse a constitución dun museo “polinuclear” formado pola mesma Casa Gótica e tamén pola Casa do Cabildo e o edificio do Banco de España, situados na praza de Praterías.
Novo edificio do Museo das Peregrinacións, na praza de Praterías.
2. Interior do museo
3. A Casa Gótica
4. Maqueta que representa o estado da Catedral de Santiago logo da reforma comenzada no 1075
Bibliografía:
Engroba Cabana, S. (2008). Crear y recrear en un museo: el Museo de las Peregrinaciones y de Santiago. Museo, (13), 344-353
García Gómez, J. (1997). Museo das pereginacións. Xunta de Galicia
Turismo de Santiago. (s.d.). Museo das Peregrinacións. Recuperado o 23 de febreiro de 2024 http://www.santiagoturismo.com/museos/museo-das-peregrinacions
Museo das Peregrinacións e de Santiago. (s.d.). Historia. Rescuperado o 15 de febreiro de 2024 de https://museoperegrinacions.xunta.gal/gl/museo/histori