Maos Innovación Social

Maos Innovación Social é unha empresa de economía social comprometida coa cultura de proximidade como medio de transformación social. As súas áreas de especialización son a etnografía, a xestión cultural, a comunicación, a edición e o deseño gráfico. 

Nome: Maos Innovación Social

Sigla:

Tipo: sociedade cooperativa

Datas (Fundación): 2014

Fundador: Óscar Senra Gómez, Xiana Iglesias Villaverde, Zaira Caamaño Remuiñán

Sede:

Dirección: Avenida Rodríguez de Viguri, 6, 1º

Coordenadas: 42.88556819124809, -8.533031870250863

Páxina Web: https://maos.gal/ 

Entidade Superior: 

En 2019 adheríronse ao Código de Boas Prácticas das Sociedades Cooperativas de Galicia. están no Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela e no Catálogo de Entidades Mercado Social de Galicia. Tamén son unha #galegoempresa. Desde 2023 dispoñen dun “Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual, o acoso por razón de sexo e outras condutas contrarias á liberdade sexual e a integridade moral no ámbito laboral“.

Forman parte da Axencia Galega de Antropoloxía (Agantro), da Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE), de EspazoCoop, de Somos Conexión e da Rede de Economía alternativa e solidaria de Galicia. 

No ámbito da etnografía, deenvolven proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria, para o cal adoptan a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto. Exemplos de proxectos son A Memoria das Mulleres, o inventariado e a posta en valor do patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e Arrolos de Rianxo.

No campo da xestión cultural, idean, desenvolven e coordinan proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos. Tamén elaboran e difunden materiais didácticos, exposicións e publicacións. Exemplos son o proxecto Youtubeiras, paseos literarios e culturais e Compostela Literaria.

Na área de comunicación, xestionan a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Exemplos son: o Festival Rosalía, o foro "A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga", e Compostela Filmada.

No ámbito do deseño gráfico, transforman ideas en creacións gráficas. Acompañan o proceso desde a conceptualización do produto ata convertelo nunha publicación, imaxe gráfica ou cartelaría. Exemplos disto son o mapa da pegada d'A Memoria das Mulleres no espazo público; a conceptualización, deseño e maquetaxe do libro Territorios en común. Casas con fume, montes sen lume; e o deseño da imaxe de Mitoloxia.gal. 

Bibliografía:

Imaxes: