A Mesa pola   Normalización Lingüística (MNL)

A Mesa pola Normalización Lingüística é unha organización social, plural e apartidaria, fundada en abril de 1986. Ten como finalidade fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida, tanto social como politicamente. Ademais, denuncia os actos de discriminación  lingüística. 

Os órganos de goberno da Mesa son a Asemblea Xeral, a Xunta directiva e a Comisión Permanente, cuxos socios, participan cada ano nunha reunión nacional, onde se valora o traballo realizado e decídense os aspectos xerais a desenvolver no seguinte período. 

Nome: A Mesa pola Normalización Lingüística 

Sigla:  MNL 

Tipo:  Asociación cultural 

Datas (Fundación): 1986 

Fundador:  Associaçom Galega da Língua; Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; Asociación Socio-Pedagóxica Galega; Federación de Asociacións Culturais Galegas

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Rúa García Prieto 7, semisoto 15706 – Santiago de Compostela, A Coruña 

Coordenadas: 42.86979502459659, -8.552727630681126

Páxina Web:  http://www.amesa.gal/ 

Entidade Superior:

Comezos

En abril de 1986, realizouse unha asemblea tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística, onde se acordou constituír unha Mesa permanente para a Normalización lingüística, encargada de levar a cabo as conclusións do devandito encontro. A Mesa adquiriu importancia chegando a oídos do goberno central, o que resultou na incorporación do galego nos ensinos. 

Ao longo do seu percorrido, pasou por tres presidentes: o primeiro e un dos seus fundadores foi Xosé Manuel Sarille, quen dirixiu a federación entre 1986 e 1997; despois  substituíuno María Concepción Costas Fernández, presidenta entre 1997 e 2002, sendo o máis breve; ata que no 2002 chega Carlos Callón exercendo o seu mandato ata o 2014. 

Actividades

-Campaña de promoción do idioma en institucións, organizacións e  persoas. Isto leva a cabo a través das asembleas ou grupos de traballos comarcais. 

-A empresa Seat lanzou un coche chamado SEAT Arousa, debido á intensa campaña da Mesa.

Bibliografía: