Lorenzo Design

Lorenzo Design é a marca baixo a que Rayados S. Coop. Galega comercializa pezas artesanais de madeira para a alta gastronomía e o fogar. 

Nome: Lorenzo Design

Sigla:

Tipo: tenda de artesanía

Datas (Fundación): 2016

Fundador: Fernando Sangiovanni; Isabel Lorenzo; Joaquín Sangiovanni Lorenzo

Sede: 

Dirección: Ponte de San Lázaro, 7

Coordenadas: 42.88674396791401, -8.509776021398737

Páxina Web: https://lorenzodesign.es/ 

Entidade Superior: 

A cooperativa, unha empresa da familia Sangiovanni Lorenzo, proveniente de Montevideo, xestiona o taller artesanal de carpintaría Estudio Sangiovanni e a tenda Lorenzo Design. Sangiovanni e Lorenzo son os apelidos dos seus antepasados; os nomes son unha homenaxe ao espírito emprendedor, de busca e artístico dos seus pais e avós. O taller abre en 2015, mentres que en 2016 abren a tenda física na zona vella compostelá. En 2017 teñen o seu primeiro contacto con chefs nas xornadas Artesanía no Prato, organizadas pola Fundación Artesanía de Galicia. En 2018 pechan a tenda para dedicárense exclusivamente ao deseño de pezas e vaixela para a alta gastronomía. En 2019 fan as súas primeiras vendas para gastronomía a nivel internacional. En 2020 ampliaron o proxecto, creando pezas funcionais e artísticas para o fogar, abrindo en 2021 de novo unha tenda e showroom en San Lázaro. Tamén participaron en espazos como Pop up Galicia ou Saberes e Sabores, en Madrid. Varias pezas súas estiveron no Cumio Internacional de Gastronomía Madrid Fusión.

Traballan a medida, adaptándose ás necesidades de cada proxecto. Traballan para algúns dos restaurantes máis sonados do planeta, como Arany Kaviár en Hungría, o Atelier Amaro de Varsovia, o Mirazur na Costa Azul, Da Terra en Londres, Brace en Copenhague Casa Dani en Nova York ou o de José Andrés en Washington. A nivel español e galego traballan para DiverXo, Mugaritz, El Portal de Echaurren, Asador Etxebarri, Cañitas Maite, Muna, Arrels, A Tafona, Casa Solla ou Culler de Pau, o seu primeiro cliente.

Traballan exclusivamente con madeiras certificadas, fundamentalmente de nogueira, cerdeira, carballo e freixo. Para os acabados usan tanto ceras e aceites naturais como vernices alimentarios, que garanten a neutralidade da peza e a non achega de sabor. As súas pezas están preparadas para usarse todos os días e serven para alimentos fríos e quentes.

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos