O Hostal dos Reis Católicos, coñecido antes do XX como Hospital Real de Santiago, Gran Hospital Real de Santiago, mais tarde Hospital Xeral de Santiago e na actualidade Parador de Santiago, e un hotel de luxo construído nos seus inicios como un hospicio para os peregrinos. Esta conformado como unha estrutura de cruz grega con catro patios. A fachada esta decorada no estilo Plateresco, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas.
Nome: Hostal dos Reis Católicos
Área de actividade: Hospital; Hospicio
Datas: 1501-1511
Sede: Hospital Real de Santiago de Compostela
Dirección: Praza do Obradoiro, 1 15705 Santiago de Compostela
Coordenadas: 42°52′53″N 8°32′45″O
Páxina Web:
Entidade superior: Paradores de Turismo de España
A construción do edificio debeuse a peregrinación que os Reis Católicos fixeron a Santiago, onde decatáronse das malas condicións nas que vivían os peregrinos. Así, en parte como mostra da súa piedade relixiosa e noutra como símbolo dos eu poder e grandeza, ordearon a construción dun hospicio que dera refuxio aos peregrinos enfermos, o cal se mantería cun terzo da recadación do voto de Santiago en Granada.
As obras comezaron en 1501, sendo dirixidas por Enrique Egas, arquitecto real, e terminándose dez anos despois. A fachada seria posterior, construída por Martín de Blas e Guillén Colás, mestres vidos de Francia. Uns anos mais tarde añadiriase a fachada unha cadea, a cal sinalaba que o Hospicio tiña xurisdición propia e o seu administrador so respondía ante o rei e o Papa. Esta condición era aproveitada polos criminais pra refuxiarse das autoridades dentro do seu recinto.
En principio o edificio so tiña dous patios coa capilla no centro, pero o mal estado en que se encontraba a mediados de século levou a que o arquitecto Rodrigo Gil de Hontañon deseñara a sua reforma, sendo o seu proxecto executado por Francisco Julí. En esta obra añadirianse dous patios mais.
Unha reforma posterior no XVIII cambiaria a construción en madeira dos patios orixinarios por pedra como nos posteriores.
A perda do Real Patronato en 1840, xunto coas desamortizacións de Mendizabal levou a que o Hospital pasase a depender das Deputacións Provinciais, e corenta anos mais tarde, so da Coruña. Nos anos cincuenta do XX o hospital trasladaríase a outro edificio, sendo convertido o antigo Hospicio nun hotel de luxo por orde de Franco.
A capela será declarada Monumento Histórico Artístico en 1912, en en 1931 lle seguira o resto do edificio. Algúns considérano o hotel mais antigo do mundo, aunque e unha afirmación discutida.
4. Salón do Hostal dos Reis Católicos
2. Portada do Hostal dos Reis Católicos
3. Corredor no interior do Hostal dos Reis católicos
Bibliografía:
Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia. (s.d.). Hostal dos Reis Católicos. Recuperado o 29 de xuño de 2020 de http://www.proxectoarga.com/Architecture/Building/12
Paradores Museo. (s.d.). Parador de Santiago. Recuperado o 29 de xuño de 2020 de http://viajar.especiales.elperiodico.com/paradores-museo/parador-de-santiago/
Rosende Valdés, A. A. (1999). El Grande y Real Hospital de Santiago de Compostela. Electa España
Villa-amil y Castro, J. (2005). Iglesias gallegas de la Edad Media. Órbigo
Imaxes:
Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) Publicada por/Publish by: Luis Miguel Bugallo Sánchez, Santiago Hostal Obradoiro, CC BY-SA 2.5 ES
Bene Riobó, Entrada do Hostal dos Reis Católicos, CC BY-SA 4.0
Antares2000~enwiki, Hallway Hostal Reyes Catolicos, CC BY-SA 4.0