A Gentalha do Pichel

A Gentalha do Pichel é unha asociación cultural constituída en 2004 con base en Santiago de Compostela. Ten por obxecto a recuperación e difusión dos costumes, hábitos e tradicións galegos. Defende a normativa reintegracionista proposta pola AGAL.

Nome: A Gentalha do Pichel

Sigla:

Tipo: asociación cultural

Datas (Fundación): 2004

Fundador:

Sede: Centro Social O Pichel

Dirección: a de Santa Clara, 21

Coordenadas: 42.88630520607297, -8.540681010970427

Páxina Web: https://gentalha.org/

Entidade Superior:

En novembro de 2003 catro persoas xuntáronse co obxectivo de ofrecer unha alternativa de actividades culturais en galego á marxe do asociacionismo existente e de vinculacións políticas. A Gentalha constituíuse en 2004 no Museo do Pobo Galego. Catro anos despois o grupo pasou a ter máis de 100 persoas.

En 2005 abriu o Centro Social o Pichel, xesationado pola asociación, que desta forma contribuía á estratexia de creación de centros sociais en Galicia, entendidos como espazos onde poder desenvolver iniciativas para normalizar a lingua, facéndoo desde un punto de vista reintegracionista.

A lingua, a cultura, a historia e o medio natural son as coordenadas nas que se comezaron a mover. No seu local organízanse diversos obradoiros, proxeccións cinematográficas (entre elas as do Cineclube de Compostela) e concertos, así como exposicións, palestras, presentacións, xantares, libros, documentais, camisolas cos seus deseños... Unha das súas campañas máis exitosas foi dar a coñecer a figura do Apalpador a toda Galicia.

A asociación estrutúrase en comisións, grupos de traballo temáticos: medio natural, lingua, cultura científica, consello xeral e local. 

Bibliografía: