Galego Empresas

Galego Empresas é unha plataforma dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo que achega información sobre os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego. 

Nome: Galego Empresas

Sigla:

Tipo: plataforma online

Datas (Fundación): 

Fundador: Concello de Santiago; Concello de Ames; Concello de Teo

Sede:

Dirección: 

Coordenadas: 

Páxina Web: https://galegoempresas.santiagodecompostela.gal/ 

Entidade Superior: Departamento de Lingua Galega Concello de Santiago; Servizo de Normalización Lingüística Concello de Ames; Servizo de Normalización Lingüística Concello de Teo

Permite coñecer de forma rápida e práctica a oferta existente, localizala e valorala. Deste xeito, contribúen a dar visibilidade e un valor engadido a quen teña a lingua galega en conta. 

O símbolo "Galego Empresas" mostra, por tanto, o cen por cen da presenza do galego na empresa, tendo en conta diferentes factores: atención á demanda, imaxe corporativa, lingua de traballo, documentación e recursos...

A iniciativa vai dirixida a todas as empresas con domicilio social en Ames, Santiago ou Teo. Tamén a outras empresas que traballen na área de Compostela, aínda que estas non contarán coa validación do diagnóstico lingüístico. 

A información das empresas é accesible dun xeito aberto a través da plataforma. Estas tamén se poden beneficiar das campañas e promocións que se leven a cabo. 

A plataforma tamén dispón de ferramentas e recursos lingüísticos. 

Bibliografía:

Imaxes:


Redes sociais