Fundación Luís Tilve

A Fundación Luís Tilve é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude.

Nome: Fundación Luís Tilve

Sigla:

Tipo: fundación

Datas (Fundación): 9 de outubro de 1989

Fundador: Jesús Mosquera Sueiro

Sede:

Dirección: Avenida Cruceiro da Coruña, 22 Baixo

Coordenadas: 42.89349486685789, -8.532065499535847

Páxina Web: https://fundacionluistilve.com/gl/ 

Entidade Superior: UGT-Galicia

A Fundación Luís Tilve é unha institución cultural privada declarada de interese galego, e que se constituíu en Santiago de Compostela o nove de outubro de 1989 co obxectivo de dar a coñecer o estudo histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como fomentar o coñecemento e a difusión da historia do movemento obreiro e sindical en Galicia (especialmente da UXT) así como tamén a conservación da documentación que estaba en mans do sindicato.

Na sede da Fundación, situada na Avenida Cruceiro da Coruña (Santiago de Compostela), creouse un Arquivo Histórico do Movemento Obreiro en Galicia, que está inscrito na Rede de Arquivos de Galicia e depende da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Na súa sede tamén se atopa a Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Para acadar os seus obxectivos, a Fundación Luís Tilve organiza asiduamente actividades como cursos, conferencias, congresos,... para afondar na investigación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial, económico, histórico e social.

O nome da fundación fai honor a Luís Tilve Santos, un sindicalista que chegou a ser secretario xeral da UXT de Pontevedra así como secretario de formación da UXT de Galicia. Ademais Tilve tamén militou nas filas do PSOE, e faleceu o 24 de marzo de 1984 aos 49 anos de idade logo de sufrir un derrame cerebral mentres se estaba a reunir co Conselleiro de Traballo Juan Corral.

Bibliografía: