Fundación Laboral de la Construcción Galicia

O centro está situado na antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba (O Avío), ás beiras do Sarela. Trátase dunha vella fábrica de curtidos que data do século XVIII e que conta cun terreo adxacente, que suma, xunto ao edificio, un total de 23.000 metros cadrados. As obras de rehabilitación conservaron a tipoloxía construtiva da zona, adaptando a fábrica de curtidos aos novos usos que ten como centro de formación. Este centro é o primeiro en España destinado de maneira específica á formación especializada e á reciclaxe laboral de traballadores e empresas da construción, na área da rehabilitación. Formando cada ano a máis de 2.000 profesionais, e entre eles, a uns 300 en diferentes especialidades como a madeira, a cantería, a forxa ou o metal.

Nome: Fundación Laboral de la Construcción Galicia

Tipo: Fundación; Construción

Datas (Fundación): 2017

Sede: Curtidoría de Pontepedriña de Arriba

Dirección: Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño), 15705 - Santiago de Compostela

Coordenadas: https://tools.wmflabs.org/geohack/geohack.php?params=42_54_1_N_8_33_5_W

Páxina Web: https://galicia.fundacionlaboral.org/formacion/centro/santiago-de-compostela

Teléfono: 981801555

Entidade Superior: Fundación Laboral de la Construcción

Historia

A curtiduría de Pontepedriña de Arriba construíuse en 1784 e mantivo activa a súa produción ata 1961. No século XVIII, Carlos III promulgou unha Real Cédula para reactivar e protexer esta industria polo que a fabricación de curtidos viviu un gran impulso no territorio español. A curtiduría de Pontepedriña converteuse nunha das máis importantes de Galicia, destacando a súa produción en peles. Na fábrica seguíase un proceso que consiste na preparación da pel, os tratamentos químicos para o curtido e a terminación para converter as peles dos animais en coiro, co obxectivo da duración do material evitando a descomposición. A produción estaba destinada a diferentes usos, desde peles para uso militar como a fabricación de armaduras, fundas para armas, para vestimenta, etc.


Proxecto

Tras o cesamento da actividade, a fábrica quedou abandonada e sufriu unha gran deterioración. En 2011, a Fundación Laboral da Construción presentou un proxecto de rehabilitación coa colaboración do Consorcio da Cidade de Santiago e de IGVS e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O arquitecto encargado foi Víctor López Cotelo, autor da Escola de Arquitectura de Granada ou a Filmoteca Española en Pozuelo de Alarcón entre outros. A intervención que propuxo constaba de dous partes, unha para a rehabilitación dos edificios que conformaban a antiga curtiduría e por outra banda, crear unha nova estrutura de naves e almacéns de nova planta. Para a intervención na curtiduría, o arquitecto quería preservar as naves industriais o máximo posible. As estruturas murarias puidéronse conservar, con todo, as estruturas dos pisos horizontais e a cuberta tiveron que ser repostas polo grao de deterioración no que se atopaban e engadíronse estruturas de madeira con vigas de madeira, algunhas delas da fábrica, outras de eucalipto laminado, etc. As obras iniciáronse no 2012 e concluíron no 2017 e xa dispón de uso.


Actualidade

Tras o proxecto, a fábrica alberga o Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, centro pioneiro en técnicas para esta materia e que forma a alumnos e traballadores do sector da construción, do mesmo xeito que impulsa o emprego asociado á recuperación e rehabilitación urbana de Santiago.

Bibliografía:

Enlaces a datos, catálogos e redes sociais