Fundación Araguaney-Puente de Culturas 

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas é unha entidade sen ánimo de lucro composta por 12 empresas de distintos campos. O seu obxectivo é promover actividades culturais e artísticas da cidade, contribuíndo ao enriquecemento cultural. Nace como homenaxe á memoria de dous inmigrantes: o galego Constantino Martínez e a xermana María Schnackig, quen se estableceu en Compostela. O nome da fundación  débese á árbore nacional de Venezuela, Araguaney. 

Nome: Fundación Araguaney-Puente de Culturas 

Sigla: 

Tipo: Entidad cultural 

Datas (Fundación): 1985

Fundador: Ghaleb Jaber Ibrahim; Requina Elisa Martínez Schnackig; Constantino Martínez Schnackig; Mónica Martínez Schanackig

Sede: Santiago de Compostela 

Dirección: R. de Montero Ríos, 27, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña 

Coordenadas: 42.875543455481804, -8.547253357670572

Páxina Web: https://www.fundacionaraguaney.com/ 

Entidade superior: 

En canto aos seus proxectos realizados, apostan polo cinema como linguaxe universal. Por iso, celebran cada ano o Festival Internacional de Cinema Euroárabe Amal, abrindo unha xanela á produción de cinema independente árabe. Tamén destaca a Mostra de Cinema Latinoamericano Araguaney-LATAM, tentando romper estereotipos e achegando a cultura latinoamericana. Ademais, teñen premios que teñen como finalidade galardoar os mellores traballos sobre os conflitos activos e os riscos potenciais do século XXI. Estableceron o I Premio Revbela de Comunicación con tres finalidades: contribuír ao maior coñecemento destas inxustas situacións, demandar a súa resolución da forma máis inmediata posible e recoñecer publicamente o papel dos medios no terreo da información, a sensibilización e a mobilización da cidadanía.

A fundación tamén promove periodicamente a celebración de conferencias, debates e mesas redondas sobre distintos asuntos de actualidade. Ademais, esta asociación conta con exposicións onde moitos artistas mostran cada ano os seus traballos, que, desde 1985, está situada no Hotel Eurostars Araguaney. Tamén publican obras como o libro Regalo de Memoria e Arte e palabra pola paz. Ofrecen cursos en colaboración con diferentes entidades. Algúns dos cursos que se organizaron inclúen un curso sobre o pobo palestino en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), así como O traballo de preparación 

Ao longo dos anos converteuse nun referente do debate social e económico en Galicia. Ademais, é un exemplo de internacionalización e integración das culturas árabes, española e iberoamericana. Desde 2008, é membro da Alianza Global para a Diversidad Cultural da UNESCO.

Bibliografía:

Imaxes: