Federación de Asociacións Galegas de     Familiares de Enfermos de Alzhéimer                     outras demencias                    (FAGAL)


 

Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1998, que nace da unión de catros asociacións familiares de persoas con Alzhéimer: AGADEA, AFACER, AFACO e AFAOR, integrándose nos primeiros anos, outras sete organizacións, AFAMO, AFAL Ferrolterra, AFALU, AFABER, AFAPO e AFACHANTADA. En 2010 e 2011 anexáronse AFAVI e AFASAL, estando composta por 13 asociacións. 

O seu programa  céntrase  en prestar servizos de atención a persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodegenerativas, así como aos seus familiares e coidadores, promovendo a adaptación a esa nova realidade. 

Nome: Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias

Sigla: FAGAL 

Tipo: Federación 

Datas (Fundación): 1998 

Fundador: AGADEA; ACOSTUMBRE; AFACO; AFAOR 

Sede: Santiago de Compostela

Dirección: Centro Cadoiro, Rúa República Checa, 52. 15707 Santiago de Compostela.

Coordenadas: 42.905188761659886, -8.50510618650586

Páxina Web: https://fagal.org/index.php

Entidade Superior:

Historia

O 18 de maio de 1998 nace a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias, conformada por AFACO, AGADEA, AFAOR e AFAGA.  En 1999 apróbase a entrada a FAGAL de AFAL Ferrolterra nunha asemblea, e, neste mesmo ano, publícase o primeiro Plan galego de atención ao enfermo de Alzhéimer e outras demencias. En 2001 a asemblea de FAGAL admite a entrada de AFAMO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Morrazo), e no 2003, a da de AFAMON (Asociación de Familiares de enfermos de alzhéimer, outras demencias e enfermidades neurodegenerativas de Monforte de Lemos). En febreiro de 2003, FAGAL leva a cabo a primeira edición das súas xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias. En 2004 ingresan AFALU e AFABER, e en 2005, apróbase a de AFAPO.

En 2008 instáurase en Santiago de Compostela e constrúese a estrutura para ampliar os plans da asociación e o 7 de Febreiro, créase a Rede Pública de centros especializados en alzhéimer, poñéndoo en marcha a Xunta de Galicia. A AFACHANTADA entra o 28 de xuño e o 2 de outubro, Vigo celebra o II congreso Nacional de Alzhéimer. No 2010, o Grupo de Traballo de Psicólogos de FAGAL publica  o Manual de Formación especializada en demencias para coidadores non profesionais, coincidindo neste tempo, a incorporación de AFA Viveiro. No seguinte ano, temos a última integración, a de AFASAL.

A FAGAL no 2011, comeza  a dar cursos “Xuntos nos coidados” para os coidadores de persoas con algunha demencia, e en 2013, da man da Fundación Barrié, asigna o programa Rede de paraugas Alzhéimer, co fin de amparar ao mundo rural galego.  No 2012 por petición de FAGAL, a Xunta de Galicia declarou este ano como Ano galego do Alzhéimer. 

En 2015, a FAGAL realizou a primeira campaña propia, polo Día Mundial do Alzhéimer baixo o slogan “No Alzhéimer ti es unha peza importante”. Por esta mesma conmemoración, no 2016, a federación realizou a súa I camiñada solidaria. 

En 2017, publícanse  o Manual de Terapia ocupacional en alzhéimer e outras demencias, e o Manual de Traballo social en Alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas. Por último, no 2018, publícase o Manual de Fisioterapia especializado en alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas. 

Bibliografía:

Imaxes: