Facultade de Xeografía e Historia

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago nace no ano 1974, a partir dunha antiga Facultade de Filosofía e Letras, na que non obstante, o peso da licenciatura de Xeografía e Historia viña sendo fundamental, por ser a  única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela dende a súa fundación en 1922 ata ben entrados os anos sesenta.

Acolle actualmente as licenciaturas en Historia, Xeografía e Historia da Arte, así como os graos en Historia, Historia da Arte e Xeografía e Ordenacion do Territorio. A esta oferta débense engadir os másters oficiais en Historia Contemporánea, Planificación e Desenvolvemento Territorial, Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade e Lecturas sobre a cidade histórica: arte, patrimonio cultural e a súa xestión.

Nome: Facultade de Xeografía e Historia

Sigla:

Tipo: Ensino Superior

Datas (Fundación): 1974

Fundador:

Sede: Facultade de Xeografía e Historia (Neoclásica)

Dirección: Praza da Universidade, 1

Coordenadas: 42_52_41_N_8_32_32_W

Páxina Web: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-xeografia-historia 

Entidade Superior: Universidade de Santiago de Compostela

Situada na Travesía da Universidade 1, no casco vello, é unha das Facultades máis antigas de Santiago e de máis tradición, non só polas carreiras cursadas no seu interior, senon tamén pola propia importancia do edifico e do seu emprazamento para a historia da Universidade compostelá, sendo antigamente a sé da Universidade.

No seu interior destaca un claustro vexetal cunha fonte (non funciona), pero tamén débese destacar o Paraninfo (1906), decorado con frescos de Fenollera e González e obra escultórica de Rafael de la Torre Mirón, ademais da Sala de Lectura e as terrazas con impoñentes vistas da cidade.

Non hai que esquecer o Despacho do Decano, antigo despacho do Reitor, que coma a Sala de Profesores conta aínda a día de hoxe con mobiliario de época e numerosos retratos. Tamén podemos atopar unha vitrina con numerosas pezas arqueolóxicas de gran valor e na Sala de Profesores atoparemos unha ampla colección de retratos, nos que se inclúen uns cantos monarcas, e incluso un cadro de Xelmírez realizado polo pintor Felipe Criado (1928-2013). Tamén, na Sala de Profesores, podemos atopar a Carta Xeométrica de Galicia do xeógrafo Domingo Fontán, que data de 1834.

A Facultade, supón un dos máximos exemplos da historicidade dos estudos universitarios na cidade compostelá, e testemuña da historia compostelá, como vemos por todo o descrito e a presenza na Praza de Mazarelos da Estatua de Montero Ríos (1916). 

Nela impártense os graos de Historia, Xeografía e Historia do Arte, ademais de varios Másters coma Estudios Contemporáneos, de Xeografía, de Patrimonio (Historia do Arte), ou outros en colaboración coa Facultade de Filoloxía.

Historia

A comezos do século XIX, a Universidade tiña dous problemas arrastrados dende o século anterior: a loita entre os colexiais de Fonseca e San Clemente e os "manteístas". Tamén un problema interno relacionado co pensamento, pois pousou a quebra dun proceso tradicional de ensinanza, abríndose por vez primeira, cara ó foráneo, o Europeo e as ensinanzas máis prácticas.

A fachada da facultade que observamos hoxe en día, acolle á Biblioteca Universitaria e á Facultade de Xeografía e Historia. Pero non hai que esquecer, que este foi o vello edificio da Universidade, aínda que houbo remodelacións. Por exemplo, destaca a reforma levada a cabo entre 1894 e 1904, onde substituíuse o vello frontón por catro estatuas de Ulloa, o Conde de Monterrei, Cadaval e Lope de Marzoa, ademais dos medallóns de Diego de Muros e Alonso de Fonseca. 

O edificio foi construído entre 1769 e 1805 conforme ás normas neoclásicas do momento, inaugurándose nos solares do que foran as casas do Colexio e Noviciado dos Xesuítas. Interveñen Melchor de Prado, Ventura Rodríguez, Pérez Machado e Ferro Caaveiro, sendo este último o autor da portada. Ao pouco da inauguración en 1805, estala a Guerra de Independencia contra Francia, polo que as clases vénse paralizadas e moitos estudantes serán recrutados. Padecerá tamén as graves crises da Universidade e sobrevive ás ameazas de supresión. Moldéase ás reformas e en 1845, perde todo o seu patrimonio pola centralización crecente do estado baixo a nova Constitución de 1845. A partires deste momento, é candos e afianza a nova dirección do Reitor Juan José Viñas. 

A universidade compostelá percorreu o período isabelino cun estado financeiro escaso, chegando ao punto de non dispoñer de ingresos ou recursos para o mantemento das instalacións. Neste período, Santiago contou con ``Facultades Maiores´´ (Dereito, Medicina, Teoloxía e Farmacia) e tamén con ``Facultades Menores´´, nas que quedaban relegados os estudos de Filosofía e Letras. De feito en 1845, o Plan Pidal, entende os cursos de Filosofía e Letra coma algo complementario ou cursos de ampliación.

Grazas á Lei Moyano de 1857, xorden as Facultades de Filosofía e Letras e de Ciencias de forma clara. O feito de que Galicia non contara cunha Facultade de Filosofía e Letras, foi respondido cunha evidente demanda. Coa erección da nova facultade, iníciase un proceso de renovación do profesorado, coma por exemplo, Pérez Bustamante, Viñas Mey, Montero Díaz ou Parga Pondal.

Avanza o século XIX, e os estudantes aumentan en número, polo que o edificio amplíase en 1894, o que termina en 1904. É notábel destacar a supresión da Minerva acrótera da fachada, obra de Ferro Caaveiro, que hoxe en día atópase no frontón da Facultade de Química. Tamén, durante este período levántase un corpo e ábrense ventás, polo tanto ampliando o espazo docente. 

Coma fecha oficial da creación da Facultade de Filosofía e Letras, dáse o 20 de Xuño de 1922, iniciando o curso ao final de Verán dese mesmo ano. Nun Primeiro Período comprendido dende 1922 a 1936, desenrólase o Instituto de Estudios Portugueses e Galegos entre outras iniciativas dentro do complexo bibliotecario (Biblioteca América 1926 ou a Biblioteca Dr. Lago). Pero en 1936, debido á guerra haberá unha forte despoboamento profesoral, polo que aínda no Segundo Período (1936-1950) hai poucas Cátedras cubertas. A situación comeza a cambiar en 1950 coa inclusión de catedráticos coma Otero Pedrayo, Verdaguer ou París Amador entre outros, ademais do aumento progresivo do número de alumnos. Xa en 1963, temos a introdución de Estudos de Linguas Románicas, e en anos sucesivos Filoloxía Moderna e Clásica, Arte e Xeografía entre outras. É en Marzo de 1975 cando a Facultade xa se divide en 3 departamentos: Historia, Xeografía e Filoloxía e Filosofía. Finalmente, no curso 1993-1994, iníciase un novo plan de estudos da Facultade de Xeografía e Historia con tres Licenciaturas: Xeografía, Historia e Historia do Arte.

Un dos tesouros patrimoniais da Universidade de Santiago de Compostela atópase na Facultade de Xeografía e Historia. A fecha de creación é descoñecida, pois non se conservan noticias da Biblioteca do estudio vello, aínda que se sabe que o colexio de Santiago Alfeo (fundado en 1525), tiña como fondos a biblioteca do que foi Reitor de 1534 a 1545, López Sánchez de Ulloa. 

No primeiro Libro de Claustros da Universidade, consta a compra da biblioteca do bispo Carmona ao cabido da Catedral no ano 1571, aínda que durante o século XVI a historia da biblioteca redúcese a loita entre os colexiais de Fonseca. Neste período, as compras son escasas, non hai grandes donativos e os poucos fondos iran perdéndose. As perdas continúan durante todo o século XVII, polo que o Claustro solicita ao Papa Clemente XI unha Bula para que se castigue aos que leven os libros. Con isto e outras medidas, no século XVIII comeza o florecemento, habendo compras de libros a particulares en Galicia, Madrid e incluso Francia, Bélxica e Italia, polo que xa vemos un interese crecente por aumentar os fondos, polo seu valor e polo seu potencial valor para a investigación.

Na seguinte metade do século, unha vez expulsados os xesuítas, incorpóranse as bibliotecas que estes tiñan nos Colexios de Santiago, Coruña, Monforte, Monterrei e Pontevedra. Maiormente falamos dun catálogo formado por materias coma: Teoloxía, Xurisprudencia, Ciencias e Artes, Historia Universal e Belas Letras, con claras deficiencias en Historia e Concilios ou Matemáticas e Anatomía. É a finais do século XVIII, cando trasládase a biblioteca ao edificio que fora a Compañía de Xesús. Por vez primeira organizábase a biblioteca coma un centro de servizo público, contando con 3 bibliotecarios. 

No século XIX increméntanse os fondos de forma considerable, habendo moitas máis compras e aínda máis donativos, comas os realizados por Manuel Ventura Figueroa no seu testamento. Destacan tamén os papeis e cartas do Padre Sarmiento, doados por Fernando de Paula e Cousiño ou os de Jacobo de Parga e Puga (1850). A incautación dos bens eclesiásticos, provocou que as grandes coleccións dos conventos pasen a formar parte da biblioteca universitaria, coma por exemplo, a colección de Santo Domingo, San Martín ou Conxo. As obras de adaptación do edificio central son causa do traslado provisional da biblioteca a Fonseca, abríndose novamente ao público en 1908. A comezos do século XIX, tamén se incorpora a biblioteca da Real Sociedade Económica de Amigos do País e mércase a biblioteca do Dr. Lago., conformando así un dos complexos bibliotecarios máis coñecidos de Santiago. 

Biblioteca da Universidade

A Facultade no século XIX

(Grabado de Ramón Antonio Gil Rey, ca. 1838)

O Paraninfo (1906)

Minerva acrótera situada na Facultade de Química

Mapa orixinal de Domingo Fontán situado na Sala de Profesores

A primeira versión da fachada no século XIX

Bibliografía:

Imaxes: