Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais é un centro de educación musical creado en 1997 baixo a competencia da Xunta de Galicia, sendo Antón García Abril o arquitecto. Está situada na finca Simeón, ao oeste do casco histórico. O edificio foi concebido como un cubo de pesadas pezas graníticas, cun interior moi diáfano. Os requerimentos acústicos foron determinantes no proceso de deseño, tanto na organización espacial coma nos materiais de revestimento.

Nome: Escola de Altos Estudos Musicais

Sigla: EAEM

Tipo: Educación musical

Datas (Fundación): 1997

Fundador: Xunta de Galicia

Sede: Escola de Altos Estudos Musicais

Dirección: Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n. 15705 - Santiago de Compostela

Coordenadas:

Páxina Web: http://www.eaem.es


A súa misión é a formación e perfeccionamento dos futuros profesionais da música, así como a organización de actividades de divulgación musical. Está estreitamente vinculada coa Real Filharmonía de Galicia, coa que forma un único proxecto. Así, a maioría do profesorado consta das principais figuras da Filharmonía, podendo os alumnos aprender de músicos altamente calificados. Dende o 2011, o Consorcio de Santiago asume a responsabilidade de xestionar a Escola. Actualmente, imparte o título de posgrao Curso Avanzado de Especialización Orquestal, recoñecido como título propio pola USC. Paralelamente, na súa Sección de Formación Permanente organiza cursos de especialización instrumental e outros cursos dirixidos ás áreas de composición, música de cámara.


O edificio

A Escola de Altos Estudos Musicais, un dos edificios universitarios construídos no interior da Finca Simeón, foi deseñada polo arquitecto madrileño Antón García Abril, fillo do famoso compositor do mesmo nome. Esta peza foi concebida como un grande cubo de pesadas pezas graníticas, de textura tosca, cortadas á contra, deixando vistas as marcas das trades para os barrenos que creban as lousas da canteira. A pesada mole do edificio apóiase no terreo axardinado, case sen tocalo, dispoñendo o acceso baixo un longo lintel metálico que permite que unha esquina da base do pesado volume flote sobre a suave ondulación do chan. O interior está presidido por un baleiro que percorre toda a altura e conecta os diferentes espazos. Este baleiro, de complexo volume, vaise pechando no sentido ascendente e fica bañado en luz, dende o lucernario disposto na cuberta plana.


Bibliografía:

Imaxes: