Dehistoria é unha empresa formada por un equipo de especialistas das distintas ramas da historia, que realiza labores de investigación histórica, divulgación ou historia familiar para terceiros.
Nome: Dehistoria
Sigla:
Área de actividade: Empresa
Datas: 2004
Fundador:
Sede:
Dirección: Praza de Fonseca, 3, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º52'46"N 8º32'42"O
Páxina Web: https://www.dehistoria.net/
Entidade Superior:
A empresa está formada por profesionais con probada experiencia e recoñecida solvencia nas súas respectivas áreas de investigación, tal e como o demostran os seus currícula vitarum nos que figuran participacións en proxectos de investigación académicos, estancias en centros de investigación en España e no estranxeiro ou un importante número de publicacións científicas.
Teñen, ademais, unha extensa rede de colaboradores: investigadores noutras disciplinas científicas, deseñadores gráficos, que lles permiten ofrecer aos seus clientes solucións completas e axeitadas ás súas necesidades.
Entre a obra realizada por eles figuran informes históricos sobre alimentos e festas; textos para exposicións, folletos e outros traballos divulgativos; roteiros, guías e aplicacións turísticas; e incluso algúns libros; todo referido a Galicia. Moitas destas obras atópanse dispoñibles para consulta na súa páxina web, na chamada "Factoría dehistoria".
dehistoria é unha empresa de Economía Social, conectada á súa contorna, comprometida co emprego estable e co desenvolvemento sostible, formando parte das Sociedades Laborais Galegas.
Bibliografía:
deHistoria. (s.d.). Quenes somos. Recuperado o 1 de febreiro de 2024 de https://www.dehistoria.net/