O Consorcio de Santiago, creado no ano 1992, é o órgano executor do Real Padroado de Santiago, un organismo nacido en 1991 cuxo obxectivo principal é coordinar e promover as accións do Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, orientados á preservación e revitalización da cidade de Santiago e do seu patrimonio cultural.
Nome: Consorcio de Santiago
Área de actividade: Entidade de Dereito Público; Patrimonio; Cultura
Datas: 1992
Fundador: Real Padroado de Santiago
Sede: Pazo de Vaamonde
Dirección: Rúa do Vilar, 59, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′42″O
Páxina Web: http://www.consorciodesantiago.org
Entidade superior:
O Real Padroado:
O Real Padroado de Santiago está adscrito administrativamente ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; Asuntos Exteriores e de Cooperación; Fomento e Industria; Enerxía e Turismo; Facenda e Administracións Públicas; ao Presidente da Xunta de Galicia; ao Delegado do Goberno de Galicia; ao Arcebispo de Santiago; ao Reitor da Universidade de Santiago e o Alcalde de Santiago.
Para conseguir o seu fin, o labor do Real Padroado é: promover a execución de obras, servizos e instalacións, así como a construción e estabelecemento dos medios adecuados de transportes e comunicacións urbanos e interurbanos relacionados cos obxectivos do Padroado; Impulsar a coordinación dos investimentos que se proxecten polas administracións central, autonómica e local, para a realización das obras, servizos e instalacións; Promocionar iniciativas e proxectos culturais dirixidos á potenciación da cidade na súa condición de lugar de encontro europeo.
No Consorcio, materializase a cooperación institucional entre o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Deste modo, ten a condición de Entidade de dereito público de carácter interadministrativo, de titularidade municipal, con personalidade xurídíca propia e con patrimonio propio.
Actividades:
A súa condición de ente administrativo, permitíu desenvolver políticas de recuperación urbana, de actualización de infraestruturas e equipamentos e de recuperación do espazo público, baixo a convición de que a conservación e posta en valor do patrimonio histórico de Compostela pode ser o motor da transformación contemporánea da cidade. Xunto a estas accións, o Consorcio, a través dos seus diferentes departamentos, promove políticas de acción cultural e de estudo e interpretación da historia da cidade e do fenómeno xacobeo. Por iso, convoca e formaliza accións de colaboración con outras entidades e institucións.
Conservación do Patrimonio:
O Consorcio de Santiago emprende accións obxectivas de restauración, conservación e investigación do patrimonio arquitectónico, artístico e arqueolóxico da cidade. Cada ano, o Consorcio establece un Programa de Monumentos coa planificación dos proxectos de conservación en diferentes edificios e ámbitos monumentais da cidade e arredores.
Entre os edificios e equipamentos que forman parte do Patrimonio do Consorcio, destacan os seguintes: o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o Multiusos Fontes do Sar, a Nova sede do Museo das Peregrinacións, a casa do Cabildo, a Finca de Vista Alegre, a Escola de Altos Estudos Musicais, a Casa Europa, o Centro de Estudios Avanzados, o Museo de Historia Natural, e o albergue de Peregrinos de San Lázaro.
1. Exterior do pazo que acolle ao Consorcio de Santiago
2. Interior do pazo que acolle ao Consorcio de Santiago
Bibliografía:
Consorcio de Santiago. (s.d.). Sistema de información patrimonial. Recuperado o 11 de xuño de 2020 de http://www.consorciodesantiago.org
VV. AA. (2017). Memoria 2017. Consorcio de Santiago.
Imaxes:
No machine-readable author provided. Yearofthedragon assumed (based on copyright claims)., Spain.Santiago.de.Compostela.Pazo.Vaamonde, CC BY-SA 3.0
No machine-readable author provided. Yearofthedragon assumed (based on copyright claims)., Spain.Santiago.de.Compostela.Pazo.Vaamonde.Principal.2, CC BY-SA 3.0