Este colexio foi fundado no ano 1759 polo arcebispo Raxoi co desexo de dar resposta educativa ás nenas da cidade, baixo a orde da Compañía de María, que foi a primeira institución adicada á educación da muller.
Nome: Colexio Compañía de María; Ensinanza
Área de actividade: Ensino
Datas: 1759
Fundador: Bartolomé de Rajoy
Sede: Colexio Compañía de María
Dirección: Rúa da Ensinanza, 3, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Coordenadas: 42º52'43"N 8º32'28"O
Páxina Web: https://ciamariasantiago.org/
Entidade superior: Orde da Compañía de María Nosa Señora
Clemente Sarela foi o encargado de realizar os planos. Caracterízase por unha acusada horizontalidade, só interrompida polos torreóns laterais e pola igrexa, situada no centro, e cuxa fachada se caracteriza pola sobriedade do Neoclasicismo propio do momento. No frontón aparece o escudo do arcebispo Múzquiz, finalizador da obra, e, sobre este, San Gabriel, a Asunción e San Rafael. No exterior, nunha esquina do edificio, consérvase un tímpano gótico do século XIV que probablemente pertenceu ao convento das clarisas que ocupaba anteriormente este terreo.
Foi un colexio soamente feminino dende os seus inicios ata o curso 1985-1986, no que se incorporan os nenos. A partir do curso 1987-1988, o centro dá resposta a nenas e nenos que necesitan unha educación especial. Hoxe en día impártese nel dende Educación Infantil ata Bacharelato.
Bibliografía:
Convento do Colégio da Companhia de Maria. (5 de setembro, 2013). Wikipedia. Recuperado o 20 de febreiro de 2020 de https://gl.wikipedia.org/wiki/Colexio_Compa%C3%B1%C3%ADa_de_Mar%C3%ADa_de_Santiago_de_Compostela
Sanz González, M. (1994). Notas sobre la educación femenina en Santiago de Compostela: la Compañía de María: 1759-1835. Compostellanum: revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, 39, 3-4 (485-519)
Turismo de Galicia. (s.d.). Compañía de María o Enseñanza. Recuperado o 20 de febreiro de 2020 de https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3450/compania-de-maria-o-ensenanza?langId=gl_ES&ctre=34&tp=8